- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
GastronomÃa
Establecemento | Dirección | Teléfono |
PulperÃa Casa Camiño | TravesÃa do Peregrino,10,baixo (Palas de Rei núcleo urbano) |
 982374066  |
Restaurante La Cabana | TravesÃa do Peregrino-4 | 982 380750 |
A Parada das Bestas | Pidre | 982183614 |
Taberna Nosa Terra | Estda. Santiago- 25 | 982 380 361 |
Restaurante Ultreya | Estda. Santiago-Estación de Servicio | 982 380 097 |
Casa Goriños | Seixas (Merlán) | 636024783 |
Ponterroxan | Avda de Compostela,109 | 982380132 |
Mesón da Ulloa | Avda. Compostela, s/n | 982 374 114 |
O Bodegón | TravesÃa da Igrexa, s/n | 982 380 351 |
Arenas | Avenida de Compostela,nº16 | 982380326 |
Pazo Mariñao | San Pedro de Meixide | 982 380 302 |
O Queixo  Arzúa-Ulloa conforma un dos principais sinais de identificación da oferta gastronómica deste municipio. Dende hai anos as queixeiras elaboran de forma tradicional este producto, que co abance dos tempos, tamén chegou a ser elaborado de maneira industrial por diversas factorias da zona que o comercializan a nivel nacional e internacional, elo sen restar os seus standares de: calidade, trazabilidade e sabor.
Palas de Rei comparte co resto de municipios da Comarca(Monterroso e Antas de Ulla) a Festa do Queixo de Arzúa-Ulloa.
A festa celébrase, rotativamente, cada ano nunha localidade da Comarca da Ulloa (concretando a data exacta o municipio organizador da mesma). Os festexos, ademais de enxalzar este tÃpico produto da zona, van acompañados de diversos actos culturais. Este queixo ten a denominación de orixe desde o ano 1995, e comprende as comarcas de Arzúa, Ulloa, ademáis doutros concellos próximos. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa reflicte unha garantÃa para o consumidor de que o queixo foi sometido a rigurosos controles de calidade, e por outra banda, garante que foi elaborado con leite propia da zona. A zona de produción e elaboración do Queixo de Arzúa-Ulloa comprende 15 concellos da Coruña( Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Curtis, Frades, Melide, MesÃa, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar) e 9 de Lugo (Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, GuntÃn, Monterroso, Palas de Rei, PortomarÃn e Taboada). Dende o ano 1989 este produto recibe a denominación de Producto Galego de Calidade.
Trátase dun queixo elaborado con leite cru , enteiro e pasteurizado, procedente do gando das razas rubia galega, pardo alpina e frisona.De forma discoidal e pequeno tamaño. A codia é lisa e cerosa, de cor amarelo. Os queixos invernais son máis cremosos, namentres os estivais son secos e lixeiramente curados de sabor máis acedo. Este tipo de queixo é moi apreciado para a cociña pola suavidade, o que fai que acompañe os sabores sen chegar a ocultalos. Funde con facilidade, grazas á súa manteigosidade, debida o alto contido de graxa no leite das vacas galegas.
Tipos de queixo:

Â
Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo Arzúa-Ulloa de Granxa :
CaracterÃzase pola súa forma lenticular ou cilÃndrica. A súa codia, fina e elástica, de cor amarela, brillante, limpa e lisa. Elaborado con leite pasteurizado, o periodo de maduración mÃnimo é de seis dÃas. O seu diámetro está comprendido entre 100 e 250 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e 3,5 Kg. O seu aroma lácteo, lembra o da manteiga, e do yogur, con matices de vainilla, nata e noz. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa.
Queixo Arzúa-Ulloa Curado:
Elaborado con leite de vaca cru ou pasteurizado, o periodo de maduración mÃnimo é de catro meses. De forma lenticular ou cilÃndrica, o seu diámetro está comprendido entre 120 e 200 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e2,5 kg. Teñen coida de cor armarela moi intensa , brilante e de aspecto graxo. O seu aroma é moi intenso, cun forte ollor a manteiga lixeramente rancia. Sabor salgado, de baixa acidez e amargor medio.
Sede do Consello Regulador da D.O. Arzúa-Ulloa:
Ronda de Pontevedra, 30-1E
15800- Melide- A Coruña-
Tfno: 981 507 653
Fax: 981 507 653
Ronda de Pontevedra, 30-1E
15800- Melide- A Coruña-
Tfno: 981 507 653
Fax: 981 507 653