- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
Camiños de Santiago por Palas de Rei
O Camiño, para cada caminante, nace no punto do que parte e o leva a Compostela e despois o devolve o lugar de orixe. Ida e volta poden discurrir, seguindo trazados distintos, de modo que todo ese ámbito no que se move, indo e volvendo da tumba de Santiago o Maior, pode entenderse como o seu camiño. No século IX iníciase a história da peregrinación que leva a Santiago. Co paso dos camiñantes se foron concretando diferentes rutas que, o ser utilizadas, foron mellorando as particularidades do seu trazado e de aqueles espazos que, dunha ou outra forma, confortaban o tránsito.
Polo municipio de Palas de Rei, transcorren dous tramos de dúas rutas de peregrinaxe a Santiago de Compostela. Ámbas rutas, Primitiva e Francesa, están declaradas como Patrimonio da Humanidade, por parte da UNESCO. Esta declaración axuda a posta en valor destes dous camiños que atravesan polo municipio de Palas de Rei, dándolle un recoñecemento internacional ao noso patrimonio.
- CAMIÑO PRIMITIVO
O Camiño Primitivo está considerado como a ruta máis antigüa. Quizais o primeiro en facer este percorrido fose o rei asturiano Alfonso II O Casto, que no ano 829 doa a igrexia de Santiago ó Señorio de tres millas de radio entorno ao cadaleito do Apóstolo e comenza unha serie de construccións. Así, deste xeito, xunto co rei e a súa nobreza, mobilizanse os primeiros peregrinos polas terras altas da Fonsagrada, por donde discurre o Camiño Primitivo e polas da Mariña e da Chaira, por donde pasa o Camiño Norte. Eran as conexión ente unha capital asentada, Oviedo e unha cidade nacente, Santiago, nunha época na que a invasión musulmana faría imposible o percorrido polo Camiño Francés, que colleu peso a partir do século XI.
O Camiño Primitivo percorre 144 quilómetros desde a súa entrada en Galicia ata xuntarse co Camiño Francés en Melide. Este Camiño, entra en Galicia pola Fonsagrada, foi o máis importante nos primeiros anos do culto xacobeo. Promovido polo reino de Asturias no século IX, no XI substituíuse polo Camiño Francés como vía para chegar a Santiago. Hoxe transcorre polo interior de Asturias e Galicia, por zonas significativamente despoboadas pero dunha grande riqueza paisaxística e etnográfica. O silencio do arborado autóctono tamén permite aos peregrinos camiñar con tranquilidades por zonas de singular beleza.




- CAMIÑO FRANCÉS
O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente. O seu trazado a través do norte da Península Iberica quedou fixado á finais do século XI gracias ó labor constructivo e promocional de monarcas como Sancho III o Maior e Sancho Ramírez de Navarra e Aragón, así como Alfonso VI e os sucesores. As principais vías deste Camiño en Francia e España foron descriptas con precisión no 1135 no Codex Calixtinus, libro fundamental do acervo xacobeo.
O libro V deste Códice constitue unha auténtica guía medieval da peregrinación a Santiago. Nel, especifícanse os tramos do Camiño Francés dende terras galas e infórmase detaladamente sobre os santuarios da ruta, a hospitalidade, as xentes, a comida, as fontes, os costumes locais, etc. Todo está escrito coa síntese e claridade que precisa unha resposta práctica a unha demanda concreta: a peregrinación a Santiago.
Esta guía, atribuída ó crego francés Aymeric Picaud, evidencia o desexo político-relixioso por promove-lo santuario compostelán e facilita-lo acceso ó mesmo, pero tamén demostra a existencia dunha demanda deste tipo de información. Cando se confecciona este libro, o Camiño Francés e as peregrinacións acadan o seu máximo apoxeo eo Camiño Francés a maior afluencia.
O Camiño Francés adquire un trazado preciso en Francia a través das catro vías principais xa descritas no Codex Calixtinus. Tres destas rutas (Paris-Tours, Vézelay-Limoges e Le Puy- Conques) entran en España, tras cruza-los montes Pirineos, por Roncesvalles, en Navarra, mentres que a cuarta (Arlés- Toulouse) faino polo porto de Somport e continúa ata Jaca, en terras de Aragón.
O itinerario de Roncesvalles, que cruza a cidade de Pamplona, únese co aragonés en Puente la Reina (Navarra).
Dende Puente la Reina o Camiño Francés mantén un único itinerario que atravesa, cara a Santiago localidades e ciudades do norte de España tan significativas como Estella, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, Castrojeriz, Frómista, Carrión de los Condes, Sahagún, León, Astorga, Ponferrada e Villafranca do Bierzo.
A Comarca do Bierzo, históricamente moi vinculada a Galicia, sitúa xa o Camiño Francés nesta comunidade autónoma.
O Camiño Francés entra en Galicia, dende o Bierzo, despois de deixar atrás Ferrerías e ascender, en medio dunha espectacular paisaxe de montaña, polos lugares de La Faba e Laguna de Castilla, ata o Porto de montaña do Cebreiro (1.300m) na provincia de Lugo. Un quilómetro antes deste lugar un pequeño monumento anuncia a entrada da ruta en terras galegas. Restan 152 quilómetros de Camiño para chegar a Santiago de Compostela.
No alto do Cebreiro encóntrase a aldea do mesmo nome, de tradicción protohistórica, adaptada ás dúras condicións climáticas da alta montaña. O lugar de gran tradicción e peso mítico-simbólico, ten como centro o conxunto formado polo Santuario de Santa María a Real do Cebreiro e o edificio do vello hospital para peregrinos, fundado polo Santo Francés Giraldo de Aurillac (S.IX).
O Cebreiro conforma, ademais, un sobranceiro espacio etnográfico que ten a súa máis visible referencia no seu conxunto de pallozas, pequeñas vivendas de orixe prerromana con estructura circular. Dende o Cebreiro, continuando pola zona de montaña e por un itinerario aberto ás inmediatas serras dos Ancares e O Courel, inzadas de riqueza etnográfica, natural e paisaxística, chégase a Hospital da Condesa, despois pasase por Porto do Poio, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín ata o municipio de Palas de Rei, cruzando próxima ó templo de Vilar de Donas, antigo priorado da Orde de Santiago. O tramo de Ligonde-Palas de Rei estivo protexido, dende1184 e durante séculos, polos cabaleiros desta orde. Sen embargo, o vello mosteiro de Vilar non estaba afincado á beira do camiño para lograr así o adecuado espacio de recollemento e oración que precisaban os seus moradores, pero a protección e vixiancia da ruta e da súa contorna foi sempre efectiva.
A Igrexia de Vilar de Donas é un dos exemplos máis coñecidos do románico galego vinculado ó Camiño.
Regresando ó trazado da ruta xacobea, esta sitúanos xa na localidade de Palas de Rei(casco urbán) que lle debería os seu nome a un suposto palacio real construido remotamente nas súas inmediacións. A moderna Igrexa de San Tirso conserva intacta a portada románica. O albergue de peregrinos, situado no casco urbano, contribúe a anima-la vida desta localidade. O Camiño Francés abandona Palas polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontró dos peregrinos, onde se recomponían osgrupos que se organizaban, espontáneamente, co transcorrer da peregrinación. Estamos en plena comarca da Ulloa, terra de gran producción láctea e saborosos queixos, entre outros recoñecidos productos tradiccionais e inmortalizada por Emilia Pardo Bazan na novela Los Pazos de Ulloa (1886).
Nas proximidades deste tramo, tomando un pequeño desvío, chégase ó Castelo de Pambre. Un camiño rural leva ata esta fortaleza, construída por Gonzalo de Ulloa a finais do século XIV. Foi un dos poucos castelos feudais galegos que se salvou da furia destructora do século XV, provocada polas loitas antiseñoriais dos Irmandiños.
De regreso ó Camiño, este inicia xa o seu percorrido pola provincia da Coruña, camiño da aldea de Leboreiro, con evidente sabor medieval. A súa igrexa conserva diversos elementos románicos da fábrica primitiva, como o magnífico tímpano da portada, coa imaxe da Virxe, e diversas pinturas murais (s.XVI). Entre Leboreiro e Melide, un dos tramos máis fermosos do Camiño, crúzase a aldea de Furelos e o estreito leito do seu río por unha grandiosa ponte medieval. Logo de pasar polo Concello de Melide , pásase por Arzúa, O Pino ata chegar a Santiago de Compostela.

















