- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
Recursos Naturais
PASEO DO COLESTEROL
Nas inmediacións ao casco urbán de Palas de Rei, o camiño que percorre o traxecto entre a depuradora do Agro do Rolo ata a salida cara a Melide, é coñecido como “O Paseo do Colesterol”. Transcurre á beira do río Roxán, por unha zona acondicionada, que conta con varios bancos e merendeiros, fazendo deste un lugar non só de paseo senón tamén de encontro e esparcimento.
SERRA DO CAREÓN
_______________________________________________________________________________________________________________________________________________
Serra do Careón é un espazo natural protexido, como Lugar de Importancia Comunitaria que abrangue 6.662 ha. Exténdese por tres provincias galegas, polos concellos de Agolada (en Pontevedra), Friol e Palas de Rei (en Lugo), Santiso, Melide e Toques (na Coruña). Cunha altitude media de 550 metros e máxima de 800 forma parte da Dorsal Galega.
Aquí podemos atopar infinidade de plantas medicinais (mirtos, ruda, rusco, dente de agrón, …), pero tamén especies endémicas de especial protección, na Serra de O Careón, declarada zona de interese natural (“Rede Natura 2000”), e outras tan comúns como o toxo, a xesta, piorno, uz; e árbores como o castiñeiro, a sobreira, o pino, o bidueiro, freixo, sanguiño, espiño, carballo, cerdeira, maceira, pereira, etc.
Tamén a fauna é aquí especialmente rica en variedade: zorro, lobo, xabarín, corzo, lebre, coello, perdiz, lontra, xineta, donicela, moucho, falcón, azor, gavial, garza, parrulos silvestres, faisáns etc.
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea creada en 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres , con obxecto de protexer os espazos naturais mais importantes da Europa. Componse de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) declaradas polos Estados membros, e ademais, das Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA), relativa á conservación das aves silvestres.
Na cerna de Galicia, onde conflúen os Camiños de Santiago, sitúase a serra do Careón, de moderada altitude, cumes redondeados e características especiais no subsolo. O mesmo ca nos veciños montes do Bocelo, son abundantes as fontes e regatos de montaña ás veces acompañados de monumentos.
TORRENTES DE MÁCARA
_______________________________________________________________________________________________________________
O seu paisaxe, a diversidade da súa flora e fauna, fan deste lugar un espectaculo natural inigüalable, nas inmediacións do Castelo de Pambre e do Balneario de Frádegas.
Extedense por Mácara(Ramil) nun tramo do alto Ulla entre o balneario de Frádegas e a confluencia dos Ríos Ulla e Pambre. O Ulla discurre por un pequeno cañón entre granito, com moitos rápidos e pequenas casacadas. A cascada máis alta está sobre 3 e 4 metros de altura de Mácara.
PONTEFERREIRA
_________________________________________________________________________________________________________________________________
Área de decanso, en pleno Camiño Primitivo de Peregrinaxe a Santiago, na parroquia de Ferreira. Aparece carácterizada pola Ponte de construcción Romana que atravesa as áugas do río Ferrera.
ÁREA DE DESCANSO DE HOSPITAL DAS SEIXAS(MERLÁN)
_____________________________________________________________________________________________
Na parroquia de Merlán, en pleno camiño primitivo de peregrinaxe a Santiago, no lugar coñecido como Hospital das Seixas(nome que deriva dun antigüo Hospital de Peregrinos, existente no lugar, do que aínda se conservan parte dos seus muros) atópase está área de descanso e esparcimento. Composta de asadores, fonte, mesas, bancos,... está ubicada en plena carballeira do municipio de Palas de Rei aínda que moi límitrofe co termo municipal de Toques.
IMAXES DOUTROS RECURSOS NATURAIS DO MUNICIPIO
______________________________________________________________________________________________________________________________________________
Se algo caracteriza ao municipio de Palas de Rei é a diversidade de habitats naturais. Conformando lugares únicos de incalculable riqueza medioambiental. Destacando tanto pola súa flora como pola súa fauna. A tranquilidade que ofrecen estos paraxes naturais, fan deles, espazos idílicos que convidan o relax e a paz interior.