- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
Rutas
RUTAS DE SENDEIRISMO PARA FACER NO MUNICIPIO DE PALAS DE REI
- RUTA DOS PAZOS
Comeza este camiño en Palas de Rei onde se atopa a casa de Rouco, antigua casa-torre do século XVI e, seguindo en dirección a Carballal desviarémonos para Curbián onde atoparemos a Casa de Baína e o pazo de Vilamaior de Ulloa. Desde aquí, poderemos visitar o Pazo de Ouro e o Pazo de Mariñao (século XVIII) en San Pedro de Meixide. Regresando á aldea de Sambreixo, tomaremos unha desviación para o sur, pasando polas localidades de Cabana e Podence, en dirección a Pidre. A seguir, achegarémonos ao Pazo de Chorexe. Ao longo deste camiño tamén poderemos observar hórreos e antigos muíños.
-
RUTA DAS TORRENTES DE MÁCARA
Ruta que comeza en Palas de Rei en dirección a Antas para pasar por Gundiá e Albá. Unha vez pasado Pidre seguiremos para Chorexe en dirección a Frádegas, onde atoparemos un antigo balneario, cuxas augas sulfurosas teñen un recoñecido prestixio. Proseguimos o noso camiño pola beira esquerda do río Ulla, atravesando prados e bosques, para cruzar posteriormente para a outra beira. Aquí atoparemos os torrentes de Mácara ou rápidos de gran beleza no tramo xuvenil do Ulla. A confluencia do río Pambre co Ulla, augas abaixo de Mácara, resulta igualmente de gran beleza
-
RUTA DO CASTELO DE PAMBRE
Ruta para realizar en bicicleta ou a pé, aínda que gran parte do itinerario transcorre por pistas asfaltadas. Partimos de Palas en dirección para Santiago, desviándonos en Carballal. Verdes prados e unha frondosa vexetación acompáñannos no noso percorrido para o corazón da Ulloa. Ao chegar a Sambreixo tomamos un estreito camiño pola marxe esquerda do río que levaranos para o forte, fortaleza de grosos muros asentada sobre un macizo rochoso e construída por Gozalo Ozores de Ulloa.
...............................................................................................................................................................................................................
CAMIÑAR POR PALAS DE REI