- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
CIM Palas de Rei
CENTRO DE INFORMACIÓN AS MULLERERES PALAS DE REI.
É un servizo totalmente anónimo, gratuito e confidencial, garantíndose a privacidade das comunicacións. Ademáis do convenio asinado pola son atendidas as mulleres dos concellos de Portomarín, Guntín, Antas de Ulla e o propio municipio de Palas de Rei, o servizo está aberto a mulleres inmigrantes sexa cal sexa a súa situación legal no país.
¿Qué servizos ofrece?:
-Asesoramento xurídico:
o Información sobre: separación, divorcio, pensións, réxime de visitas, pensións.
o Información legal sobre dereitos ante casos de malos tratos, violación, violencia, abusos sexuais e maltratos de calquer tipo.
o Asesoramento xurídico sobre contratos de traballo, dereitos laborais por baixas derivados de manternidade e paternidade, coidado de fillos, e información ante situación de discriminación laboral.
o Solicitude de xustiza gratuita.
o Acceso ó servizo de teleasistencia móvil para vítimas de violencia de xénero.
- Apoio psicolóxico:
directo e anónimo ante agresións derivados de maltratos, violencia de xénero, tanto a víctimas directas como indirectas derivadas das citadas situacións.
- Información sobre recursos sociais:
Referidos a prestacións económicas para victimas de violencia de xénero como equipamentos e infraestructuras ofrecidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-Outras actuacións:
Dende o Centro de Información ás Mulleres organizanse campañas de sensibilización sobre violencia de xénero e fomento da igualdade como valor (8 de marzo, 25 de novembro). Ó mesmo tempo que se organizan charlas, conferencias, xornadas así como outras actividades o longo do ano.
DEMANDANTES:
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres, de 9 a 14:00
Enderzo: Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n, teléfono 982380003

CIM Palas de Rei
R/ Bernardino Pardo Ouro, s/n (Centro de Saúde)
C.P. 27200 Palas de Rei, Lugo
Tf.: 982380003

















