- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
Apreciados internautas:
Saúdo do Alcalde

O vertixinoso avance das novas tecnoloxías nas modernas sociedades do século XXI, leva consigo novas formas de achegar a Administración ó administrado. Neste contexto, conscientes da importancia dos desafíos que ofrece internet, pretendemos mediante esta páxina web dispoñer dunha ferramenta útil, que serva de vínculo de coñecemento, orientación e información da realidade que rodea ó noso Concello, que a súa vez, estará complementada coa web de facebook do Concello de Palas de Rei, permitindo, deste xeito, artellar un espazo de comunicación, sobre a realidade que nos toca ser participes en Palas de Rei.
O 15 de xuño de 2019, supón o inicio dunha nova etapa de goberno, a terceira que encabezo, co firme compromiso de liderar a xestión municipal, coa maior eficacia e eficiencia, velar, en todo momento, polos intereses xerais de todos/as os/as veciños/as deste termo municipal. Materializando, en definitiva, o que os ilustrados chegaron a enunciar, hai máis de douscentos anos, co principio democrático de: “goberno do pobo, para o pobo e polo pobo”.
Pablo José Taboada Camoira
(Alcalde de Palas de Rei)
![]() |
![]() |
![]() |
||
---|---|---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
||