- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
ENCONTRO INSTITUCIONAL ENTRE GALICIA E CANARIAS PARA IMPULSAR O CAMIÑO CARA O ANO 2027
ENCONTRO INSTITUCIONAL ENTRE GALICIA E CANARIAS PARA IMPULSAR O CAMIÑO CARA O ANO 2027
A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés celebra unha xornada de promoción do Camiño coa visita dos alcaldes canarios polos que discorre a ruta nas illas.
Representantes dos tres concellos canarios de Gáldar, Tejeda e San Bartolomé de Tirajana estiveron presentes nun acto cos alcaldes dos 11 concellos da Mancomunidade, entre eles o de Palas de Rei, e en presenza do xerente do Xacobeo, Ildefonso Piñeiro, e dos delegados da Xunta en Lugo e na Coruña. No encontro, a presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos entregoulles un selo do Peregrino para cada municipio canario en lembranza dese dÃa.
Os alcaldes canarios comprometéronse a potenciar a Ruta Xacobea nas illas. Pola súa parte, os representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés aproveitaron para promocionarse na illa, que recibe varios millóns de turistas anualmente, e dar a coñecer os atractivos desta ruta xacobea. Este acto enmárcase dentro do traballo realizado pola Mancomunidade para a promoción do Camiño Francés como antesala do Ano Santo 2027.


















