- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O CONCELLO EXECUTA A VARIANTE DE PIDRE PARA FACILITAR O ACCESO DE VEHÍCULOS PESADOS, AUTOBUSES E CONTRAINCENDIOS ÁS EXPLOTACIÓNS DA ZONA
O CONCELLO EXECUTA A VARIANTE DE PIDRE PARA FACILITAR O ACCESO DE VEHÍCULOS PESADOS, AUTOBUSES E CONTRAINCENDIOS ÁS EXPLOTACIÓNS DA ZONA
O Concello de Palas de Rei executa as obras de construción e adecuación da denominada “Variante de Pidre”, unha obra moi demandada polos veciños/as da zona e que permitirá o acceso de vehículos pesados e autobuses á zona de Pidre, Cabana, Pambre, San Cibrao e outros. Serán aproximadamente uns 260 veciños que poderán ter un acceso axeitado ás súas explotacións, fundamentalmente de carácter forestal pero tamén agrogandeiras, unha vez esté rematada a actuación. O alcalde estima que elo “facilitará o acceso a máis de 300 hectárias de producción forestal nos montes de Cabana, Pidre, Pambre e San Cibrao ó permitir o acceso a zona de camións pesados que ata o de agora tiñan imposibilitado o seu acceso ocasionando prexuízos ós diferentes propietarios das múltiples prantacións da zona”, donde según o rexedor “máis dun 90% dos veciños teñen parcelas con aproveitamentos forestais que xerarán moita riqueza na zona”.
O alcalde, Pablo Taboada, “agradeceu a todos os veciños a cesións completamente desinteresada dos terreos que redundarán nun importante beneficio para a zona, donde ata os autobuses escolares ou turísticos tiñan dificultades para circular debido ó estreitamento de Pidre”.
Estas Obras tamén facilitarán ó tránsito de vehículos pesados contraincendios en caso de necesidade.

















