- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A SEGUNDA EDICIÓN DO “BENESTAR FEST” SERÁ O 26 E 27 DE SETEMBRO EN PALAS INVITA A EXAMINAR DIFERENTES CAMIÑOS PARA A EXPRESIÓN E A CREATIVIDADE A TRAVÉS DE ACTIVIDADES TRANSFORMADORAS E SAUDABLES
A SEGUNDA EDICIÓN DO “BENESTAR FEST” SERÁ O 26 E 27 DE SETEMBRO EN PALAS INVITA A EXAMINAR DIFERENTES CAMIÑOS PARA A EXPRESIÓN E A CREATIVIDADE A TRAVÉS DE ACTIVIDADES TRANSFORMADORAS E SAUDABLES
O sábado 26 e o domingo 27 de setembro terá lugar a celebración do “Benestar Fest”, un espazo adicado ao desenrolo persoal e colectivo, orientado principalmente a fomentar a saúde, o equilibrio e a armonía entre corpo e mente. Baixo o lema de “Sendeiros de Creación” esta segunda edición deste Festival invita a examinar diferentes camiños para a expresión e a creatividade. Os asistentes terán a oportunidade de descubrir distintas alternativas para o benestar a través de actividades transformadoras, impulsando a conexión persoal e colectiva mediante propostas innovadoras que favorecen o desenrolo integral de cada participante.
Esta iniciativa, foi presentada esta mañá en Radio Palas Fm polos seus organizadores; Milagros Bordones, profesora de Yoga e Pilates das clases Movimiento Bienestar que imparte na casa de Cultura de Palas; e Judith Rodríguez, que se encarga do teatro con títeres xunto co alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada representando a unha das administracións colaboradoras que respaltan e financian esta iniciativa saudable.
O “Benestar Fest. Sendeiros de creación” comprende un conxunto de actividades concentradas nos días 26 e 27 de setembro nas que trae a varios especialistas que tocan aspectos diversos como: movemento e somática; arteterapia; cociña saúdable, benestar e sustentabilidade; conversatorios sobre saúde e benestar; presentación do ensaio “conexiones” de Sandra Goded; taller e concertos de música contemplativa; taller de Chi Kung; carpa interactiva de Titeres, actividades para nenos/as; sesión de danza contemporánea e para ás necesidades especiais, así como feira de artesanía .
A inscrición para participar no “Benestar Fest” está aberta através do teléfono: 628139113.

















