- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A FEIRA DO CABALO COMARCA DA ULLOA REPARTE 2.415 EUROS EN PREMIOS MÁIS MEDALLAS, O SÁBADO 8 DE AGOSTO EN VILAR DE DONAS, DONDE O ESPECTÁCULO "LA MAGIA DEL CABALLO" PECHARÁ AS PROBAS
A FEIRA DO CABALO COMARCA DA ULLOA REPARTE 2.415 EUROS EN PREMIOS MÁIS MEDALLAS, O SÁBADO 8 DE AGOSTO EN VILAR DE DONAS, DONDE O ESPECTÁCULO "LA MAGIA DEL CABALLO" PECHARÁ AS PROBAS
O sábado, 8 de agosto, Vilar de Donas acolle a edición XXXIII da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, na pista do hipódromo do lugar. Un total de sete probas terán lugar durante a xornada que arranca as 10:30 horas no recinto cabalar. Pola maña, celébranse as probas de: andadura a dous tempos (serrada) e a catro tempos (chapeada), así como, a de trote de trotóns. Pola tarde, celébranse as probas de velocidade de: cruzados, árabe, así como, as carreira de burros, a proba de estampa e beleza e a partires das 18:00h terá lugar o espectáculo de “la magia del Caballo”. Este ano, repártense un total de 2.415 euros en premios nas sete categorías de probas da xornada.
Hoxe tivo lugar o acto de presentación no Salón de Plenos do Concello ao que asistiu o alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada, a concelleira, Alicia López, o concelleiro, Rodrígo Goméz e representantes da Asociación a Capela de Vilar de Donas, Raúl López e Manuel Escariz e veciños de Vilar de Donas.
















