- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
PROCESO DE DESPREGAMENTO DA TECNOLOXÍA 4G E 5G EN PALAS DE REI PARA FACILITAR CONEXIÓNS MÓBILES MÁIS VELOCES E DE MELLOR COBERTURA
As operadoras de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas realizarán no municipio de Palas de Rei o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos palenses desfrutar de conexión móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT) Llega 700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquer afectación na recepción da sinal de televisión.
O proceso de implantación estase realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades donde xa están activos estos servizos se pode consultar no seguinte enlace: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php
O despregue encádrase no establecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación de frecuencias entre 694 e 790 MHz (canales 49 ao 60 da UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Coa nova rede móbil se abriu a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademáis de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como no envío de datos(fotos, música ou contidos audiovisiais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a apliacións online, como os videoxogos.
A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce melloras fundamentais. A primeira é a solvencia de diversos problemas relacionados con orografías complexas presentes na xeografía española donde tradicionalmente fallaba acobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores e nos edificios.
A nova xeración tamén facilita a introducción de novos servizos na área empresarial e das administración públicas, como aplicación empresariales na mobilidade con alto contido multimedia ou de uso de videochamada, entre outros.
Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregue nas bandas de 700 a 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita extender xeograficamente o servizo de forma eficiente.
Llega 700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantizarán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.
Para garantir esta compatibilidade, Llega 700 presta ós cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o encendido das estacións, polo que Llega 700 encárgase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sin custe algún.
Para xestionar estos servizos, se puxo a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es

















