- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A INVERSIÓN PRIVADA EN PALAS DE REI DISPARA O NÚMERO DE LICENCIAS DE OBRA CONCEDIDAS EN 2025 NO CONCELLO E REVITALIZA OS PRINCIPAIS SECTORES DA ECONOMÍA NO MUNICIPIO
A INVERSIÓN PRIVADA EN PALAS DE REI DISPARA O NÚMERO DE LICENCIAS DE OBRA CONCEDIDAS EN 2025 NO CONCELLO E REVITALIZA OS PRINCIPAIS SECTORES DA ECONOMÍA NO MUNICIPIO
Importantes actuacións nos distintos sectores económicos de Palas de Palas de Rei contribuíron a que o Concello de Palas de Rei pechara o ano 2025 cun récord histórico de licencias de obra concedidas, segundo a información obrante no seu rexistro municipal.
Así temos que; o primeiro Depósito Aduaneiro da provincia lucense levantado fai casi un ano, nos terreos da segunda ampliación do Polígono Empresarial Palense , con preto de 10.000.000 euros de inversión privada promovida polo Grupo empresarial Jim Sports; A construción do Centro de Recría do Sector Avícola con 2.400.000 de inversión privada; a ampliación das instalacións da Planta de larva de mosca para aumentar o nivel de produción pasando das 12.000 as 62.000 toneladas anuais; xunto coa ampliación de varias explotacións agropecuarias no municipio con máis de 3.000.000 euros de inversión; e varios proxectos de índole turística, derivados do efecto do Camiño de Santiago e do auxe do turismo no municipio, fixeron que en 2025 se construíran 4 novos aloxamentos turísticos que pasaron a engrosar a xa ampla oferta de aloxamentos cos que conta Palas de Rei nestes momentos e traducíronse nunha inxección de algo máis de 3 millóns de euros de inversión privada no municipio; ademáis doutros proxectos residenciais de construción de vivendas particulares, unhas de nova planta e outras de reforma e rehabilitación.
Todo elo, contribuíu a que Palas de Rei destaque como polo emprendedor, non so na Ulloa, senón que tamén para as Terras de Melide (Santiso, Toques e Melide) dado que as empresas aquí asentadas tamén xeran emprego nesa zona.
O rexedor Palense, Pablo Taboada agarda poder seguir neste 2026 na mesma liña revitalizadora da economía e “poder acadar o obxectivo marcado a comenzos da lexislatura de máis de 48 millóns de inversión privada no municipio”.
A licitación das obras de urbanización da terceira fase do polígono empresarial de Palas de Rei, permitirán ampliar de forma significativa a superficie industrial no municipio (con preto de 40.000 metros cadrados a maiores da actual) e dar resposta a cada vez máis crecente demanda de solo empresarial, o que abre a porta ó asentamento de novos proxectos empresariais que terán unha repercusión moi positiva na economía local.

















