- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
LICITADAS AS OBRAS PARA URBANIZAR A TERCEIRA FASE DE AMPLIACIÓN DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE PALAS POR 2,1 MILLÓNS
LICITADAS AS OBRAS PARA URBANIZAR A TERCEIRA FASE DE AMPLIACIÓN DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE PALAS POR 2,1 MILLÓNS
O Consello da Xunta aprobou a licitación das obras de urbanización da terceira fase do polígono empresarial de Palas de Rei, por un valor de casi 2,1 millóns de euros. Esta actuación, permitirá ampliar de forma significativa a superficie industrial do municipio e dar resposta a crecente demanda de solo empresarial.
A intervención permitirá incorporar preto de 40.000 metros cuadrados do novo solo industrial (más dun 50% adicional respecto á capacidade actual) e habilitará 17 novas parcelas, ademáis de zonas de equipamento, áreas verdes, rede viaria, aparcadoiros e todos os servizos básicos.
Segundo a planificación do Goberno Galego, as obras podrían comenzar no último trimestre de 2026, unha vez adxudicado o proxecto, co obxectivo de que as parcelas estén disponibles para a súa comercialización a finais de 2027.
Esta ampliación abre a porta a implantación de novos proxectos empresariais na Comarca. Dende o Concello de Palas, o alcalde, Pablo Taboada, destaca a importancia estratéxica desta actuación, “a xeración de solo industrial e importantísima para o municipio pola gran demanda que temos por parte de empresas que queren asentarseneste concello”. O rexedor palense destaca que a previsión é que a nova fase se ocupe ao 100%, prácticamente ao día seguinte ao que se habiliten as novas parcelas”, a súa vez, agradeceu a Xunta de Galicia “por impulsar esta terceira fase do polígono” un paso que considera “vital e necesario” ante a crecente demanda de solo por parte de empresas interesadas en instalarse no municipio.
“Esta terceira fase de ampliación permitirá o asentamento de nove ou dez novas empresas neste concello, o que suporá unha inversión de entre seis e sete millóns de euros e a creación de ducias de postos de emprego” aseguraba o alcalde, Pablo Taboada.
A ampliación do parque empresarial permitirá alcanzar unha superficie total de máis de 182.000 metros cadrados. Actualmente, o polígono conta con 140.000 metros cadrados, distribuidos entre primeira fase de 95.000 e unha segunda de 45.000 a os que se sumarán máis de 42.000 metros cadrados na terceira fase.

















