- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
PALAS DE REI APROBA UN DOS ORZAMENTOS MÁIS ALTOS DA SÚA HISTORIA CON 7 MILLÓNS DE EUROS
PALAS DE REI APROBA UN DOS ORZAMENTOS MÁIS ALTOS DA SÚA HISTORIA CON 7 MILLÓNS DE EUROS
O Concello de Palas de Rei aprobou un dos orzamentos máis altos da súa historia para este 2026 sumando 7 millóns de euros, tanto no apartado de gastos como no de ingresos, mantendo o nivel asistencial e de servizos sociais e destinando un apartado significativo as inversións como: ampliación e mellora do paseo do río Roxán, ampliación e reforma das instalacións da Escola Infantil, ampliación do Centro de Día, entre outras. Dentro do capítulo de inversións o orzamento contempla máis dun millón de euros para a rexeneración e mellora de camiños rurais.
O alcalde, Pablo Taboada, calificou estas contas como uns orzamentos moi sociais, adaptado a realidade de Palas de Rei, donde o gasto no conxunto servizos sociais é importante, mantendo servizos como Axuda no Fogar sin deixar as inversións no municipio como ampliación do Paseo Roxan, a Escola Infantil ou o Centro de Día, así como, a rexeneración e mellora dos 450 quilómetros de camiños municipais que integran a rede municipal.
Uns orzamentos que foron aprobados co voto a favor dos 8 concelleiros do grupo popular e que contaron coa abstención das dúas concelleiras do grupo socialista.

















