- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A CHMS E O CONCELLO DE PALAS CONSTRUIRÁN UNHA NOVA PLATAFORMA DE PASO SOBRE O REGATO PENELAS EN BERBETOUROS
A CHMS E O CONCELLO DE PALAS CONSTRUIRÁN UNHA NOVA PLATAFORMA DE PASO SOBRE O REGATO PENELAS EN BERBETOUROS
O Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo Taboada e o Presidente da Confederación hidrográfica Miño Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, asinaron un convenio de colaboración para a execución da construción dunha ponte sobre o regato de Penelas, afluente do río Ferreira, ao seu paso por Berbetouros. A actuación, que dará servizo a varias parroquias de Palas pero moi fundamentalmente a Berbetouros, permitindo a conexión e o acceso a varias infraestruturas agropecuarias e fincas, require unha inversión estimada superior aos 135.000 euros, que será sufragada nun 90% pola CHMS e o 10% restante o aportará o Concello de Palas de Rei.
Na actualidade, a zona dispón dunha infraestrutura antiga e deteriorada que forma parte dun conxunto de vías que conectan ás carreteras LU-231 E LU-P-4004 polo que supón o accesos a distintas explotacións e terreos agrícolas da zona. A obra requerirá a demolición da estrutura existente, a reposición do firme e a instalación de sistemas de contención.

















