- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
PORTOMARÍN, MONTERROSO E PALAS DE REI PLANIFICAN CONXUNTAMENTE UN OBRADOIRO DE EMPREGO PARA O SEGUNDO TRIMESTRE DESTE ANO
PORTOMARÍN, MONTERROSO E PALAS DE REI PLANIFICAN CONXUNTAMENTE UN OBRADOIRO DE EMPREGO PARA O SEGUNDO TRIMESTRE DESTE ANO
Portomarín, Monterroso e Palas de Rei planifican comenzar o Obradoiro de Emprego Miño/Ulla para o segundo trimestre deste ano. Os tres concellos uniron sinerxías esta vez para acadar fondos, 440.000 euros, en materia de emprego o que se agarda que redunde positivamente no texido económico dos tres municipios que comparten a mesma Ruta Xacobea a Santiago (Camiño Francés).
Este Obradoiro de Emprego trátase dunha iniciativa mixta de formación e emprego, que proporcionan a persoas desempregadas un contrato de traballo e experiencia laboral en oficios con demanda no mercado de traballo, ao tempo que executan obras e realizan proxectos que quedan para a veciñanza.

















