- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A LOTA CONTRA A VELUTINA LEVA COLOCADAS 70 TRAMPAS NO QUE VAI DE ANO EN PALAS DE REI MEDIANTE O TRAMPEO XEOLOCALIZADO, PLANIFICADO E CONTROLADO DA XUNTA DE GALICIA
A LOTA CONTRA A VELUTINA LEVA COLOCADAS 70 TRAMPAS NO QUE VAI DE ANO EN PALAS DE REI MEDIANTE O TRAMPEO XEOLOCALIZADO, PLANIFICADO E CONTROLADO DA XUNTA DE GALICIA
En Palas de Rei, rexistráronse en 2023 un total de 263 avisos por niños de Vespa velutina, mentres que no ano 2024 esa cifra baixou e contabilizaronse 74 avisos. No que levamos de 2025, xa se levan colocadas 70 trampas para facerlle fronte a esta especie invasora neste municipio, unha campaña que segue no resto de meses.
A Xunta de Galicia presentou a nova campaña de Loita contra a Vespa velutina en todos os concellos de Galicia, da man de investigadores e tamén tendo en conta os sectores productivos tan afectados, como son os apicultores.
A loita contra esta especie invasora é cousa de todos, e por iso é precisa a coordinación entre todas as administración, sectores productivos afectados e a sociedade no seu conxunto.
Un dos eixes deste proxecto e o trampeo xeolocalizado, planificado e controlado para combater con máis eficacia este insecto. Este trampeo xeolocalizado, que atende a unha das principais demandas do sector, permite facer un seguimento e estudar a evolución cos datos recollidos.
Desde principios do ano a Xunta de Galicia xa está eliminando niños primarios(os primeiros que aparecen, nos meses de febreiro e marzo) que este ano debido a información que tiña a cidadanÃa procedeuse a retirar maior número, o que evita que se formen posteriormente os niños secundarios. Este Plan tamén ten integrado outros compoñentes como: charlas informativas.
Lembrar que está a disposición da poboación en xeral o teféfono de Atención e Información á CidadanÃa 012, no que se poderá notificar o avistamento dun niño de velutinas. Tamén se puxo en marcha un chatbot que está a disposición cidadáns as 24 horas do dÃa os 365 dÃas do ano, ó que poden acceder desde a páxina web www.xunta.gal/servizo-del-012