- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A XUNTA ABRE ESTE VENRES O PRAZO DE SOLICITUDE NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN CON SEIS NOVAS EXPERIENCIAS
A XUNTA ABRE ESTE VENRES O PRAZO DE SOLICITUDE NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN CON SEIS NOVAS EXPERIENCIAS
Coa finalidade de ofertar a mocidade a posibilidade de empregar o tempo libre durante os meses de xullo, agosto e setembro en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo. Esta programación estival foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de abril de 2025.
Na modalidade de campamentos, destinada a nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, o total das prazas é de 8.183, das que 306 corresponden a intercambios con outras comunidades. Representa a maior oferta da campaña con 7.877 prazas en Galicia, repartidas en 38 instalacións das catro provincias, ás que se suman outras 306 expandidas polo País Vasco, Estremadura, Castela e León, Castela A Mancha, A Rioxa, Madrid e Cantabria.
Tamén os campos de voluntariado contan cunha decena de iniciativas a estrear no marco dun programa ao que optarán 750 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos
O conxunto da campaña inclúe tamén minicampamentos, actividades alternativas para maiores de 18 e uso de instalacións xuvenís
As novidades nesta modalidade do programa estival do Goberno galego localízanse en Santiago, Negreira, Mesía, O Carballiño, O Pereiro de Aguiar e A Veiga.
O prazo de inscrición está aberto dende hoxe 2 de maio ata o 15 maio. Para máis información na web: xuventude.xunta.gal
