- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS, CONMEMORARÁ O TRIXÉSIMO ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DO CAMIÑO FRANCÉS, COMO PATRIMONIO MUNDIAL
A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS, CONMEMORARÁ O TRIXÉSIMO ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DO CAMIÑO FRANCÉS, COMO PATRIMONIO MUNDIAL
A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés celebrou onte o seu primeiro pleno, baixo a presidencia de Triacastela que recentemente tomou o relevo de Sarria. A Presidenta, Olga Iglesias, encabezou a reunión á que asistiron alcaldes e representantes dos concellos de Palas de Rei, Monterroso, Pedrafita, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín e Melide.
Entre os acordos ós que chegaron, está o de organizar un acto no que conmemoren o trixésimo aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial. Tamén, decidiron invertir na promoción da ruta xacobea, no seu tramo galego ós 70.000 euros que a Mancomunidade recibirá este ano de subvención da Xunta. Así como, editará material complementaria para presentar nas vindeiras feiras turísticas e outros eventos. E o vindeiro martes presentará en Santiago de Compostela o documental sobre esta ruta xacobea, elaborado o ano pasado e que narra a visión de diversos peregrinos facendo o camiño.