- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar

PALAS FESTEXARÁ O ENTROIDO, OS DÍAS 20 E 21 DE FEBREIRO, CON XOGOS INCHABLES, CHOCOLATADA E CONCURSO DE DISFRACES NO QUE O CONCELLO REPARTE 1120 EUROS EN PREMIOS
PALAS FESTEXARÁ O ENTROIDO, OS DÍAS 20 E 21 DE FEBREIRO, CON XOGOS INCHABLES, CHOCOLATADA E CONCURSO DE DISFRACES NO QUE O CONCELLO REPARTE 1120 EUROS EN PREMIOS.
O Concello de Palas de Rei festexará o entroido 2023, con actos programados para o: luns, 20 e martes, 21 de febreiro.
O luns, 20 de febreiro, terá lugar o entroido infantil, dirixido aos nenos e nenas que queiran participar, con diversos xogos inchables e chocolatada popular.
O martes, 21 de febreiro, celebrarase o “Concurso de disfraces” no que o Concello de Palas de Rei reparte 1.120 euros en premios que estarán distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata 5 persoas e categoría de Grupos), cada unha delas, reparte 3 premios e a maiores haberá un premio especial a orixinalidade no que compiten todas as categorías. Nas dependencias do Concello, no departamento de cultura, pódense inscribir os participantes no Concurso.
