- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
AFECTADOS POLO PROCESO EXPROPIATORIO DA CARRETERA LU-231 ,ENTRE FRIOL E PALAS DE REI
A XUNTA CONVOCA PARA O DÍA 21 DE ABRIL E 8 DE XUÑO, NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE PALAS DE REI, ÓS TITULARES DE FINCAS DESTE MUNICIPIO, AFECTADOS POLO PROCESO EXPROPIATORIO DA CARRETERA LU-231 ,ENTRE FRIOL E PALAS DE REI
A Xunta de Galicia convoca para os vindeiros meses de abril e xuño os actos expropiatorios para executar a primeira fase das obras de mellora da carretera LU-231, entre Friol e Palas de Rei. Esta actuación conta cunha inversión total de casi 2,8 millóns de euros, entre os que se incluen o pago de 222 fincas que se verán afectadas para poder acometer o acondicionamento desta vía. As obras en fase de contratación, terán un prazo de execución de 12 meses, afectarán os primeiros 9,4 kilómetros da LU231, dos cales, 8,9 discurren polo Concello de Friol e os últimos 500 metros polo de Palas de Rei.
O acto de levantamento de actas previas á ocupación do terreo situado no municipio de Friol terá lugar no salón de actos do centro sociocultural os días 15,16,19 e 20 de abril según recolle o BOP (do 16 de marzo de 2021). Pola súa parte, o día 21 de abril están citados no salón de plenos da casa consitorial de Palas de Rei os titulares dos terreos afectados no municipio palense.
Posteriormente, no mes de xuño, convocaranse os propietarios afectados ao pago de depósitos previos a formalización de actas de ocupación. A cita en Friol será os días 5,6 e 7 de xuño, de novo, no salón de actos do centro sociocultural. No caso de Palas de Rei, os titulares dos terreos están citados para o día 8 de xuño, tamén, no salón de plenos do Concello. Neste actos, seguiranse os respectivos protocolos necesarios para evitar riscos de contaxio a causa do Covid19.