- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO RECIBE O PROXECTO PARA A CREACIÓN DUNHA RESIDENCIA DE MAIORES DE CARÁCTER PRIVADO EN PLENO CASCO URBÁN DE PALAS DE REI
O CONCELLO RECIBE O PROXECTO PARA A CREACIÓN DUNHA RESIDENCIA DE MAIORES DE CARÁCTER PRIVADO EN PLENO CASCO URBÁN DE PALAS DE REI
Os promotores para a construción dunha residencia de maiores de carácter privado en Palas de Rei presentaron no Concello a solicitude para a licencia de obra. Segúndo consta no proyecto, o edificio levantarase nun solar de 1.480 metros cadrados situado no centro do Casco Urbán e terá unha capacidade de 50 internos.
Este novo edicifio, que se levantará en Palas de Rei, ademáis da zona residencial, ofrecerá tamén outros servicios que redundarán no beneficio dos usuarios, como cociña, comedor, varias salas multiusos, entre outras dotacións.
O proxecto presentado no Concello Palense, por unha sociedade mercantil formada por un grupo de emprendedores vinculados a Palas de Rei, suporá a xeración de 24 postos de traballo, entre auxiliares, persoal de cociña, fisioterapeutas, persoal sanitario, entre outros profesionais. Os promotores prevén que no ano 2021 esta iniciativa esté operativa.