- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
ESTE DOMINGO O OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI ACTÚA EN TOURO
ESTE DOMINGO O OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI ACTÚA EN TOURO
O domingo, 31 de marzo, o OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI participará no IX FESTIVAL GALEGO DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO que se celebrará na aldea de Brandelos e na Casa de cultura desta localidade.
Este evento está organizado pola ANPA do CPI de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, o grupo das Nenas do sapo dourado, Loxo; Asociación Cultural A Pinguela, de Bama e a Banda de Música Isabel II de Touro.
Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Palas, Touro, Compostela, Laxe e A Estrada). O programa deste Festival é o seguinte:
Haberá un roteiro teatral, musical e poético ás 11:00 horas na aldea de Brandelos, que estará protagonizado polo alumnado do CPI de Touro e polas Asociacións As nenas do sapo dourado, A Pinguela de Bama e nais do alumnado.
Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos e persegue varios obxectivos: achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, a aproximación do alumnado ao mundo rural e a súa posta en valor, a transmisión da cultura.
Ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Touro, o OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, a Aula de Teatro do CPI de Touro, a Escola Municipal de Teatro de Laxe, A Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíñas Teatro” e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo VOGANDO NOS CONTOS.