- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
Municipio de Interés TurÃstico
O Consello da Xunta aprobaba, o pasado xoves 5 de febreiro de 2015, a declaración de Palas de Rei como municipio de interés turÃstico. Esta distinción outorgase aos municipios que o solicitan e que cumpren unha serie de requisitos para elo. No caso de Palas de Rei, a Xunta de Galicia valorou especialmente a estratéxica situación deste municipio como paso indispensable para os numerosos peregrinos que se dirixen a Santiago de Compostela a traverso dos camiños Francés e Primitivo.
O auxe nas peregrinacións ,trouxo consigo que Palas conte na actualidade, cunha ampla infraestructura hosteleira e unha variada oferta de restauración, que son outro dos aspectos máis valorados neste tipo de declaración.
Ademais delo, Palas de Rei conta con outros moitos atractivos históricos que reforzaron a súa candidatura. Entre eles, destacan os numerosos restos arqueolóxicos da época castrexa conservados ao longo do seu territorio, o seu pasado como reino visigodo entre os anos 702 e 710, o seu esplendor na Idade Media, a arquitectura relixiosa como a igrexa de Vilar de Donas, declarada monumento histórico-artÃstico en 1931, o Castelo de Pambre e a única fortaleza que sobreviviu a época das revoltas Irmandiñas de 1467. Tamén comben sinalar o patrimonio natural palense que conta con importantes espacios protexidos e de especial singularidade como as Torrentes de Mácara ou a Serra do Careón.
Coa incorporación de Palas de Rei, Galicia conta con 43 municipios turÃsticos, dos cales 12 pertencen a provincia de Lugo (Ribadeo,Monforte, Mondoñedo, Chantada,Viveiro, Foz, Quiroga, Samos, Lugo, Sarria e Sober e agora Palas de Rei).
PALAS DE REI:
MOITO POR DESCUBIR,
MOITO QUE COÑECER,
MOITO PA VISITAR.
Â
Â
Â