- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
Parroquias
- Albá, Santiago de
- Ambreixo, San Vicenzo de
- Aguas Santas, San Xurxo de
- Berbetouros, San Miguel de
- Cabana, Santiago de
- Carballal, San Sebastián de
- Carteire, Sta. MarÃa de
- Coence, San Mamede de
- Coence, San Miguel de
- Covelo (San Xoán)
- Cuiña, Sta. MarÃa de
- Curbián (San Martiño)
- Felpós (San Tomé)
- Ferreira de Negral (San Martiño)
- Filgueira (San Tomé)
- Fontecuberta (Santa Mariña)
- Laia (San Xoán)
- Lestedo (Santiago)
- Maceda (San Miguel)
- Marzá (Santa MarÃa)
- Mato, O (San Xoán)
- Meixide (San Pedro)
- Merlán (San Salvador)
- Moredo (San Fiz)
- Mosteiro de Devesa (Santiago)
- Orosa
- Palas de Rei (San Tirso)
- Pambre (San Pedro)
- Pidre (Santa MarÃa)
- Puxeda, A (Santa MarÃa)
- Quindimil (San Miguel)
- Ramil (San Martiño)
- Remonde (San Miguel)
- Ribeira (San Salvador)
- Salaia (San Pedro)
- San Breixo (Santa MarÃa)
- San Cibrao da ReposterÃa
- San Mamede do Carballal
- San Xiao do Camiño,
- San Xusto da ReposterÃa
- Ulloa (San Vicente)
- Vilar de Donas (San Salvador)
- Vilareda
78 habitantes. Lugares: Albá, Gundiá, Outeiro, Sande y Surribas. O templo parroquial pertence ao románico rural, de finais do século XII. Conta con pranta rectangular, dunha soa nave e presbiterio máis elevado. A construcción é de cachotarÃa e sillerÃa de granito, con cuberta a dúas e catro augas. No lateral sur ábrese outra porta románica cunha rica decoración. A fachada principal ten arco de medio punto con arquivoltas, e capiteis decorados. No interior destaca o retablo maior, de estilo neoclásico do s.XIX. Cruceiro de Albá. Cruceiro de canterÃa, con cruz lisa, presenta as imaxes de Cristo crucificado e a Virxe .Ós pés do cruceiro hai unha mesa de bendición.
21 habitantes. Lugares: Ambreixo, Areosa y Viña. O templo parroquial, situado á dereita do Camiño de Santiago, é de estilo románico rural, conservando case na súa integridade a construcción orixinal. Ten nave de pranta rectangular cunha soa portada, de arco de medio punto de dúas arquivoltas. O presbiterio está separado da nave por un arco de medio punto.
259 habitantes agrupados en 21 entidades de poboación: Alvite, Bistulfe, Bouzachás, Camoira, Carballedo, Cebral, A Cernada, Chancela, Codeseda, O Condado, O Couto, A Devesa, Fonte dos Cervos, FontefrÃa, A Leboreira, Montecelo, Pena do Boilouro, O Requián, Ribadal, San Xurxo, Sucastro, Vilariño. A igrexa parroquial ten pranta rectangular con sancristÃa adosada no lateral norte. ConstruÃdo en sillerÃa de granito componse dunha nave de gran amplitude co presbiterio de dimensións máis reducidas. A cuberta é de lousa a dúas augas e posúe atrio-cemiterio ao redor. No interior atopamos o retablo principal do s.XVII-XVIII.
69 habitantes.Lugares: Camouco, O Froxón, Peiluz, Penelas de Abaixo, Penelas de Arriba, As Pereiras, O Pozo, Riba do Marco, Salgueiros, A Taberna. A igrexa parroquial pertence ó románico, ainda que sufrÃu reformas salientables no s.XVII e XVIII. Presenta pranta rectangular, cunha soa nave e ábsida. Destaca a portada románica de arco de medio punto con arquivoltas e capiteis decorados. No interior conserva o retablo maior con tallas antigas. O templo está rodeado por atrio-cemiterio.
50 habitantes. Lugares: Caban, A Eirexe, Fonte Grande, Outeiro, Pereirón, Podence e Recachiña. A igrexa parroquial construÃda en muros de cachotarÃa e sillerÃa de granito, ten cuberta a dúas e tres augas. Trátase dunha construcción sinxela á que se atopa adosada unha capela e a sancristÃa. No interior atopamos un retablo moderno e outro de estilo neogótico.
49 habitantes.Lugares: Carballal de Abaixo, Carballal de Arriba, A Gaiola, Guestrar, LalÃn e A Ponterroxán.
78 habitantes.Lugares: Barrio, Bruzos, Carricova, Carteire, Cobreiro, A Conguada, A Escrita. A igrexa parroquial pertenceu ó Ducado de Alba. Ten pranta de curz latina. Os muros son de cachotarÃa e sillerÃa de granito, cuberta de lousa a dúas, tres e catro augas. No interior conserva tres retablos: de estilo neoclásico o da capela maior, e barrocos os das capelas laterais. Casa de Pena da Merla. Este edicicio de orixe medieval, atópase sobre unha cima rochosa. A pranta presenta unha estrutura irregular, debido a adaptación ó terreo en que se atopa. Conserva un escudo na porta principal, con castelos, león e bandas verticais, e pedra de armas dos Prado. No recinto consérvase unha pequena capela
72 habitantes. Lugares: Coence e Gontá de Abaixo. A igrexa parroquial data do s. XVIII, pertencendo ó Barroco. Ten pranta rectangular a nave e cadrada o presbiterio, ó que se adosa a sacristÃa. Os muros son de cachotarÃa e sillarÃa de granito. No interior consérvanse dous retablos, o retablo maior do s. XVI e un lateral moi sinxelo.
88 habitantes. Lugares: Boavista, Os Carballiños, O Cruceiro, A Namela, O Outeiro e San Miguel. A súa igrexa parroquial pertence á segunda metade do s. XII, sendo de estilo románico. Consérvase case Ãntegramente na sua estrutura orixinal, á que foi adherida a sacristÃa e o presbiterio en época posterior. ConstruÃda en muros de cachotarÃa e sillarÃa de granito ten cuberta a dúas e catro augas. A nave é de pranta rectangular, e conta con dúas portas, a principal, con arco de medio punto, e unha lateral. O presbiterio, tamén de pranta cadrada, atópase separado da nave por un arco triunfal de medio punto con arquivoltas, asentado sobre columnas de capiteis decorados con figuras humanas. A sacristÃa está adosada ao lateral esquerdo do presbiterio. Merece destacar pola súa arquitectura a Casa da Señora.
Lugares: Covelo, Eirexe, Gandarda, Mouromorto, OsÃs, Outeiro, Pallota, A Rampa de Covelo, Ribado, Rexedoiro, SantÃn e Seixiños. A súa igrexa é de pranta rectangular. Na porta principal conserva unha inscrición, hoxe ilexible. O arco triunfal de medio punto ten restos de pinturas murais. Consérvanse dous retablos, o da capela maior e o da lateral, de estilo Barroco.
68 habitantes.Lugares: Carballedo, O Cruceiro, Cuiña, Dorra, Érmora, Labagueira, Montibeiro, Outeiro, A Ponte Santar, A Pradeira, Rosende e Tallos. A igrexa está situada nun pequeno val cercano ó rÃo Pambre. Ten pranta rectangular con sacristÃa adosada. A capela maior é máis alta e reducida ca nave. Destaca o interior no cal foron atopadas pinturas murais.
Lugares: Curbián, Pena Piñeiro, Ulloa. A igrexa parroquial é románica. Neste lugar foi achada unha ara votiva de época romana que se atopa na actualidade no Museo Provincial de Lugo. No lugar da Ulloa consérvase unha das ás do pazo de Ulloa, no que destaca unha escaleira e unha solaina de pedra con varios arcos baixo a solaina e os seus escudos.
Lugares: Corral, Felpós, Outeiro e o Castelo. No lugar de Felpós documéntase a existencia dun castelo destruÃdo en 1321 como castigo a Alvar Sánchez de Ulloa (o seu propietario) por cometer toda clase de tropelÃas cos peregrinos do Camiño de Santiago. A igrexa ten unha nave de pranta rectangular e o presbiterio de pranta cadrada, están separados por un arco de medio punto. No muro lateral S hai un altar con esculturas pétreas que representan a adoración dos reis. Sobre o arco hai un medallón coa imaxe de San Pedro. O retablo do altar maior é de estilo Neoclásico. A casa grande de Felpós é a Casa do Santo, de pranta rectangular, conserva escudos de armas flanqueando un ventanal. Nun dintel descansa o escudo dos Ulloa.
Lugares: Balancas, Bugallal, Carballal, Castrelo, Costa, A Covela, A Mámoa, Mosteiro, Niñarellos, Outeiro, Pena da Galiña, O Penedo, A Ponte Ferreira, PenÃn, Ribeira, Senande. A igrexa é de orixe Románico, pero só conserva deste estilo a portada S que presenta arco de medio punto con tres arquivoltas baquetonadas de sección rectangular. Os capiteis presentan motivos zoomorfos, antropomorfos e xeométricos. O tÃmpano, ademáis da decoración presenta unha inscrición: ANNUS AB CARNATIONE DNI MºCºLºXXVII / I ERA MCCX. Con datación en era hispánica.
A ponte de Ponte Ferreira é de orixe romana, por ela pasaba a vÃa XIX que comunicaba Lucus Augusti con Iria Flavia, ten un só arco de medio punto.
Lugares: Aquelcabo, BaÃnca, A Barreira, O Carnizo, Os Curros, Filgueira, Leiras, O Monte, Remonde, Terreo dos Cruceiros. A igrexa é de pranta rectangular, ten un retablo moderno na capela maior.
Lugares: O Castro, O Coto, Fontecuberta, A Moreira, Portela, Santaballa e Vilaspesa. A igrexa é de estilo Románico. Tamén destaca a casa-torre de Moreira que pertenceu a Sancho Pérez Noguerol. O fronte fórmano dúas edificacións cadradas unidas por un soportal con escaleira e balaustrada de granito.
Lugares: Laia, Seoane. A igrexa é de pranta rectangular, o presbiterio está separado da nave por un arco triunfal de arista. No interior hai un escudo da Casa de Laia.
O pazo de Laia é unha edificación maciza, rectangular coa capela adosada no lateral. Na fachada N ten un escudo que recorda a unión que tivo coa casa de Tulla de Fontecuberta.
Lugares: Abenostre, A Boca, Chouso Vello, Lamelas, Lestedo, Liúlfe, Lodeiro, A Mamurria, Portos, A Riba, O Rosario, Sucastro, Valos e Vilaxoán. O Camiño de Santiago percorre esta parroquia ata que chega a Palas de Rei.
Lugares: O Agro do Pobre, A Barrosa, O Porto, Raxás, Ulla. Nesta parroquia está a casa de Ulla.
Lugares: Avieira, Burdallos, Gresulfe, Marzá, Outeiro de Burdallos, Vinciá e Xuxilde. A igrexa é Románica, dedicada a Sta. MarÃa. Ten pinturas murais decorando toda a ábsida.
Lugares: Barreira, Campanilla, Campaña, Candieira, A Florida, Casanova, Mato, Fonte de Mouros, Ponte Campaña, Porto de Bois, Romariz, Soná e Vilacendoi. Por esta parroquia pasa o Camiño de Santiago. Tamén foi famosa pola batalla de Porto de Bois entre os exércitos de Fernando de Castro e os de Pedro I O Cruel.
Lugares: Barreiro, Portofondón, Saa, San Pedro, Veiga, Vilar de Ulloa, Vilar do Monte, Xeré. O mais destacado desta parroquia é o Pazo de Mariñao, situado a carón da igrexa. É de pranta rectangular. Ten unha escalinata de pedra e dous balcóns tamén en pedra, estas últimos tallados. Ten dúas chemineas torreóns e un escudo na fachada N.
Lugares: Casanova, O Castro das Seixas, Corno de Boi, O Ferradal, A Fonte de Uz, O Hospital das Seixas, A Lagoa, Merlán, O Pazo do Monte, A Penaloura, A Picaña, O Porto do Carro, Ribadal, As Seixas, A Uceira, Xacel e Xermeade. A igrexa e Merlán é de factura Románica, conserva a portada principal con arco de medio punto e un pórtico adosado. No interior conserva restos de pintura renacentista. Ten no exterior decoración con canzorros zoomorfos e xeométricos.
Por Merlá transcorre o Camiño Primitivo, existiu un hospital de peregrinos, que hoxe non se conserva pero que lle dá nome ó lugar de Hospital.
No lugar das Seixas houbo un enfrentamento entre Vasco Gómez das Seixas e Gonzalo Ozores de Ullao polo control de boa parte do territorio do Concello, no século XIV.
Lugares: Castro, O Cotón, Freixeiro, Moredo, Picón, Sanfiz, Santo, Tesoureiro e Vilariño. A igrexa está no lugar de Sanfiz, no interior conserva un retablo Neoclásico.
Na aba do Monte Careón, declarado LIC, sitúase o Castro de Moredo.
Lugares: Castro, Mosteiro da Devesa, San Martiño, A Torre, A Veiga, Vilachá, Pena Mouril e Vilaseñor. A igrexa é de orixe Románica, a división entre o presbiterio e a nave vén dada por un arco triunfal de medio punto con arista de baquetón.
Lugares: Corral de Abaixo, Corral de Arriba, A Costa, O Coto, A Covela, Orosa. A igrexa é pequena, ten arco triunfal de medio punto entre o presbiterio e a nave. Conserva un retablo de estilo Neoclásico.
Lugares: Palas de Rei, Curuxás e Penela. Palas de Rei naceu da man do Camiño de Santiago. Aparece no Liber Sancti Iacobi como última etapa do Camiño Francés a Compostela. Segúndo a lenda, o seu nome deriva dun antigo Palacio que o rei visigodo witiza tiña (Palacio do Rei) na vila e ó que foi vivir coa súa corte no s. VI.
A igrexa conserva da fábrica románica a portada principal e parte do frontis. A portada ten arco de medio punto e dúas arquivoltas, os capiteis están decorados. No interior, a capela maior é de estilo Neoclásico.
Lugares: Pambre, A Torre. Nesta parroquia atópase o Castelo de Pambre, construÃdo a finais do s. XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa, señor xurisdicional de gran parte do territorio do concello. Este castelo foi o único de Galicia que sobreviviu ás reboltas irmandiñas do s.XV, polo que é o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. O edificio central está formado pola torre da homenaxe, de pranta cadrada, flanqueada por outras catro torres de dimensións máis reducidas, tamén cadradas, e comunicadas entre sà por unha muralla. Consérvanse outras edificacións anexas como unha casa de labranza, un horreo ou unha capela Románica (anterior ó castelo). O arco triunfal é de medio punto, conserva varios canzorros de tosca decoración. Dispón de dúas entradas adinteladas.
Lugares: Chorexe, Frádegas, Laxe, Outeiro, Pidre, A Ponte Mercé. A igrexa é de estilo Románico, a portada con arco de medio punto e dúas arquivoltas.
Na mesma parroquia están a capela da Mercede, na Ponte Mercé e a capela de Pardo de Chorexe, integrada, esta última, no recinto do pazo de Chorexe. Na Ponte Mercé tamén se conserva unha ponte medieval sobre o rÃo Ulla, ten dous arcos, un oxival e outro de medio punto.
Puxeda: Arulfe, A Bragaña, Choupana, A Corda, O Couso Mende, A Puxeda, Sande, O Seixo, Valiño. A igrexa conserva un retablo Barroco.
Lugares: Boi Pardo, Fermil, Montarelo, A Pena, Penela, Quindimil, Vilar do Monte, Vilarramil, XancÃs. Destaca a igrexa parroquial, de estilo Barroco, onde se conserva o retablo Barroco na capela maior.
A casa-torre de Quindimil ten a súa importancia no ámbito da arquitectura civil, está formada por un volume en forma de L e outras edificacións de servizo configurando un patio de entrada.
En Vilar do Monte existe un pazo con dous escudos de armas, ten un gran patio, unha capela (s. XIX) e unha finca con pombal, todo este conxunto se coñece como aldea de Vilar do Monte.
Lugares: O Batán, Mácara e Remesedo. En Mácara houbo un castelo, o castelo de Ramil (s. XVI-XVII) do que hoxe só quedan as ruÃnas.
Lugares: A Fonte do Mallo, Remonde, A Vacariza, O Vilar. A igrexa é de orixe Románico reformada con posterioridade. Conserva imaxes do s. XVIII.
No Vilar hai restos de dúas casas grandes: casa de Outeiro de Vilar de Remonde e Casa da Cerca.
Lugares: Ribeira e Xende. A igrexa é sinxela, con porta adintelada no frontis. Preto da igrexa está o Castro de GroduÃn e dúas mámoas conocidad como Castronelas.
Lugares: Arulfe, O Cruceiro, Faxilde, A Fontedaúde, A Lameira, O Pazo, Salaia, Trasmil, Vilacova. A igrexa é sinxela, un arco de medio punto separa a nave e o presbiterio.
Lugares: Andemil, San Breixo, Ulloa, Vilariño, Vilouchada. A igrexa é do s. XIX, ten tres naves e torre de dous corpos. Preto da igrexa hai un oratorio con tres cruces.
AÃnda que hoxe perdeu popularidade, era tradicional a celebración duha romarÃa na honra á Nosa Señora do Leite.
Lugares: As Cancelas, A Leboreira, Leilón, Pedras. A igrexa é Románica pero sufrÃu moitas reformas.
En Leilón está o Pazo de Ouro de Leilón, con cheminea rematada en torretas, ten capela de estilo Neoclásico.
57 habitantes. Lugares: Campelo, Carballal, A Devesa Nova, Filgueira da Devesa, Gándaras, A Goleta, Guestrar, Lamas, Penasedoira, Ponterrosa. O templo parroquial pertence ó románico, reformado no s.XIX, somentes conserva da construcción orixinal a porta principal e unha porta lateral. Ten pranta rectangular cunha nave e presbiterio rectangulares, separados por arco de medio punto. Os muros son de cachotarÃa e sillerÃa de granito, con cuberta a dúas augas.
44 habitantes.Lugares: O Cotón, A Graña, O Mesón, A Pallota, O Roxo, San Xiao, A Taberna, Vilamerelle . A igrexa parroquial é de estilo Románico, de finais do s.XII, aÃnda que reformada no s.XVIII. Ten pranta rectangular, cunha nave rectangular e ábsida semicircular. No interior ten arco triunfal e capiteis decorados con follas en voluta, bóveda de canón, e retablo maior neoclásico do s.XIX. Conta con atrio-cemiterio ao redor.
Lugares: Outeiro, Pulleiro, San Domingos, San Xusto, Vilafofe. A igrexa é Románica con reformas posteriores. A pÃa de auga bendita é rectangular, con decoración de tradición visigótica.
En San Domingos hai unha pequena capela de construción popular, un arco de medio punto separa a nave do presbiterio.
No Castro de San Xusto atopáronse un torques de prata e un fragmento de fÃbula de bronce, ambos prerromanos.
Lugares: Campo Maior, As FerrerÃas, Guitar, Ladricelos, A Penela, Perrá, San Vicente, A Vacariza. A igrexa é de orixe Románico pero foi totalmente reformada no XIX. Preto da pÃa bautismal hai un ventanal que procede da ábsida románica.
Preto da igrexa están os castros Daurela e Galeira onde se atoparon restos prehistóricos.
O pazo de Campo Maior, que pertenceu á familia Pacheco é un elemento a destacar, ten unha capela do 1617
Lugares: A Capela, Casanova, Castro, Castro Vilar, A Costa, A Devesa, A Ermida, A Estrada, Ferradal Novo, Ferradal Vello, Lama Boa, Lamparte, Luxilde, Morronteiro, MuÃño da Devesa, Piñeiro, A Pintureira, Ramil, Reboredo, Tiúlfe, A Vila, Vilamourel, Vilar de Donas, O Vilar, Vilaverde, Ximonde.
A igrexa pertenceu ó antigo mosteiro, que no s. XII estivo adcrito á orde de Santiago. Esta igrexa foi declarada monumento histórico-artÃstico nacional xa que se trata dunha das mais singulares mostras do Románico galego. Consérvanse no interior varios sepulcros coas armas das principais familias da comarca. As pinturas murais son o mais destacado desta igrexa, considéranse a mostra pictórica máis importante descuberta en Galicia
Lugares: Agrolento, Carballido, Maurices, Outeiriño, Outeiro, Puricelas, Rumin, Vilareda. A igrexa é de orixe Románica, pero desta época só se conserva a portada, formada por un arco de medio punto de dúas arquivoltas de baquetón e unha moldura exterior. Os capiteis das columnas están decorados con motivos vexetais e antropomorfos. No dintel hai inscrita unha cruz grega