- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
Galería de fotos
Castelo de Pambre, na Parroquia palense de Pambre, fortaleza Medieval do século XIV que sobreviviu as revoltas Irmadiñas. Declarado Ben de Interese Cultural.
Serra do Careón, entre as parroquias palenses de Hérmora, Moredo e limitando coa de Merlán, de moderada altitude(798m,máximo),de características especiales no subsuelo que a convirten en unha área de gran interés xeolóxico a nivel peninsular. Declarado lugar de interés comunitario LIC por su flora y fauna.
Torrentes de Mácara (en Ramil), tramo alto del Rio Ulla entre el balneario de Frádegas e as confluencias dos rios Ulla e Pambre. En varios anos foi o escenario das probas do Campeonato Galego de Kaiak Extremo. Para os afecionados ao Rafting, este tramo conta con un nivel de dificultade 5, só para expertos.
Igrexia de Vilar de Donas, declarada Ben de Interese Cultural desde 1931, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. Templo de culto católico, en pleno Camiño de Santiago.Considerada un dos exemplos do arte románico.
Marcos históricos que delimitan o perímetro do couto medieval de Vilar de Donas. A Xunta de Galicia iniciou o proceso de inventario de este marco coñecido como a Pallota (en Vilar de Donas) xunto con outros dous rexistrados un deles tamén en Vilar de Donas e outro en Cubelo, todos achados no entorno da igrexia de Vilar de Donas e procederon a súa clasificación. Trátanse de fitos de pedra, coa cruz de Santiago en Baixorrelevo nunha das súas caras, que delimitaban o perímetro do couto medieval de Vilar de Donas. Os tres están situados no perímetro medieval de Vilar de Donas, tal como foi definido polo estudioso Novo Cazón no seu libro "El Priorato Santiaguista de Vilar de Donas". O couto estaba formado polos terreos explotados directamente polo mosteiro, froito dunha doazón de 1194. Técnicos de patrimonio encargados do seu analise consideran que son un testemuño de primeiro orde sobre a evolución e historia do mosteiro de Vilar de Donas, cun valor engadido pola súa vínculación co Camiño de Santiago, patrimonio da humanidade.
Lavadoiro de San Xulián do Camiño. En pleno Camiño Francés de peregrinaxe a Santiago de Compostela, atópase unha dos exemplos que se conservan dos antigos lavadoiros, que antes da existencia das actuais lavadoras eléctricas os veciños utilizaban como lugar para lavar a roupa a man. Está situado ó carón dun Muiño donde antigüamente os habitantes da zona moian o millo e outros cereais.
Fonte de San Xorxe de Aguasantas. De recente creación, moi preto da igrexia parroquial, en pleno camiño primitivo de peregrinaxe a Santiago de Compostela, na parroquia de San Xorxe (Palas de Rei) atópase este lugar de descanso e esparcimento, caracterizado pola fonte de San Xorxe.
Os penedos de Casacamiño. Na parroquía de Merlán ó carón do camiño primitivo de peregrinaxe a Santiago de Compostela atópase esta montaña, de notable valor paisaxístico, mediambiental, cultural e historico. Posee unha incalculable valor a súa riqueza mineralistica que alberga no seu interior, así como a típoloxía das súas pedras. Alberga o nacemento dun dos afluentes do rio Pambre.
Rocódromo dos Chacotes (Palas de Rei). Os afecionados/as a escalada teñen unha oportunidade de practicar este deporte no Rocódromo da área dos Chacotes. Xeralmente nos meses de xullo e agosto este lugar é un dos máis demandos polos mozos/as que participan en Palas de Rei nos Campamentos de Verán.
Carballeira dos Chacotes(Palas de Rei). Cada ano, fundamentalmente nos meses de xullo e agosto, este lugar acolle a centos de xovenes, de procedencias dispares, tanto de Galicia como de fora desta Comunidade, que participan nos Campamentos de Veran que promove a Xunta de Galicia.
Paseo do Colesterol. O camiño que percorre o traxecto entre a depuradora de Agro do Rolo ata a salida cara a Melide, é coñecido como “O Paseo do Colesterol”. Transcurre á beira do río Roxán, por unha zona acondicionada, que conta con varios bancos e merendeiros, fazendo deste un lugar no só de paseo senón tamén de encontro e esparcimento.
Pista do Hipódromo en Vilar de Donas (Palas de Rei). O notable interés polo mundo equino neste municipio, levou a que o Concello abrise unhas instalación que deran cabida a competicións de diversa índole. Dende que se creou, no 2012, esta pista acolle celebración, da Feira do Cabalo da Comarca da Ulloa, donde cabalo e eguas de diferentes razas e procedencias compiten por acadar os mellores resultados. Esta cita, xeralmente ten lugar , a súa celebración, na primeira quincena de agosto.