- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O DIRECTOR TERRITORIAL DA CONSELLER�A DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA COMPROBA AS INSTALACIÓNS DA NOVA BIBLIOTECA ASENTADA NO EDIFICIO DO CENTRO COMARCAL DE PALAS DE REI ANTE A SÚA APERTURA Ó PÚBLICO O VINDEIRO 2 DE NOVEMBRO
O DIRECTOR TERRITORIAL DA CONSELLER�A DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA COMPROBA AS INSTALACIÓNS DA NOVA BIBLIOTECA ASENTADA NO EDIFICIO DO CENTRO COMARCAL DE PALAS DE REI ANTE A SÚA APERTURA Ó PÚBLICO O VINDEIRO 2 DE NOVEMBRO
O Director Territorial da ConsellerÃa de Cultura, lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, Manuel Antonio Férnandez Piñeiro acompañado polo alcalde de Palas, Pablo Taboada e concelleiros da corporación municipal visitaron as instalacións da nova biblioteca municipal, ubicada na Avenida de Compostela, número 55 de Palas de Rei que abre a súa portas ao público o vindeiro 2 de novembro, de luns a venres, de 16:30 a 20:00 horas.
Trátase dun proxecto dirixido a complementar a oferta cultural do municipio. Con esta actuación, tratouse de complementar os servizos xa ofertados no edificio que dispón o Concello en colaboración co Ceip de Palas donde a comenzos de 2023 se inaugurará unha biblioteca e xunto cos servizos de ocioteca/ludoteca que se prestan na zona escolar, coa pretensión de cuatriplicar o número de metros cadrados disponibles con respecto a anterior ubicación e ampliar a sala multimedia e as salas de lectura.
De feito, esta nova ubicación, en pleno centro de Palas de Rei, permite dispoñer de diversas salas: de archivo e catalogación; de lectura, estudo e traballo; de reunións para grupos de traballo e aulas de novas técnoloxÃas, todo elo, no primeiro e segundo andar do edificio do Centro Comarcal. Elo foi posible grazas a axuda da ConsellerÃa de Cultura, lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
















