- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O DELEGADO TERRITORIAL DE LUGO VISITA PALAS DE REI ONDE ANALIZA CO ALCALDE OS PRINCIPAIS INVESTIMENTOS DA XUNTA NO MUNICIPIO E COMPROBOU O REMATE DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA ESCOLA INFANTIL
O DELEGADO TERRITORIAL DE LUGO VISITA PALAS DE REI ONDE ANALIZA CO ALCALDE OS PRINCIPAIS INVESTIMENTOS DA XUNTA NO MUNICIPIO E COMPROBOU O REMATE DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA ESCOLA INFANTIL
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, realizou unha visita institucional ao concello de Palas de Rei, onde analizou co alcalde, Pablo Taboada, os principais investimentos da Xunta na localidade.
Villares destacou o remate das obras de ampliación da escola infantil municipal, executadas polo Concello durante o verán e financiadas pola ConsellerÃa de PolÃtica Social e Igualdade cunha achega de 47.500 euros.
O delegado comprobou o resultado dos traballos, que consistiron en crear unha terceira aula para aumentar a capacidade do centro. AsÃ, o número de prazas pasará de 30 a 39, co fin de facilitar a conciliación de máis familias palenses. Ademais, lembrou que o servizo é gratuÃto para os usuarios grazas á achega da Xunta, que o curso pasado destinou 30.100 euros a cubrir os custos da trintena de prazas dispoñibles.
Por outra banda, o responsable autonómico subliñou as medidas de fomento da actividade económica e do emprego no municipio. Nese sentido, apuntou que están en proceso de contratación as obras de urbanización da Fase III do polÃgono industrial, que permitirán incrementar en preto de 40.000 m2 a súa superficie actual - de 75.473 m2 -, co fin de atender a demanda de solo industrial por parte das empresas.
Igualmente, resaltou que a ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración impulsa a creación de postos de traballo a nivel local mediante o programa Rural Activo 2026, que inxecta preto de 162.000 euros ao Concello para realizar nove contratos a xornada completa durante nove meses. O persoal incorporado ten encomendadas tarefas de prevención de incendios - limpeza de montes, xestión da biomasa, planificación preventiva. -.
No tocante ás infraestruturas municipais, Villares afirmou que a ConsellerÃa do Medio Rural destina 91.800 euros a financiar a mellora dos accesos aos núcleos de Campo Maior, Lestedo e Outeiro de Burdallos a través do Plan Camiña Rural 2025/2026; e 47.500 euros a pavimentar camiños no lugar de Vilaspesa, mediante o PIR 2026.

















