- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS REMATA O PLAN DE RECUPERACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE VÍAS AGRÍCOLAS E FORESTAIS
O CONCELLO DE PALAS REMATA O PLAN DE RECUPERACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE VÍAS AGRÍCOLAS E FORESTAIS
O Concello de Palas de Rei remata un ambicioso Plan de Recuperación e Acondicionamento de vías agrícolas e forestais na case totalidade das parroquias, donde se executaron preto de 230 quilómetros de viais sen asfaltar a gran maioria delas pero que repercuten moi positivamente nas explotacións agrícolas e gandeiras da zona, así como, nos moitos propietarios forestais da zona que verán revalorizadas as súas explotacións e o mesmo tempo significará unha importante labor de prevención contra os incendios forestais.
Os traballos, valorados en máis de 250.000 euros, foron froito da colaboración entre a consellería de Medio Rural e o Concello de Palas de Rei.
Neste sentido “non cabe máis que agradecer a Conselleira de Medio Rural o importante esforzó con Palas de Rei para intentar impulsar os sectores agropecuarios e forestal que tan importantes son no rural galego” destacaba o alcalde Pablo Taboada.

















