- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI ARRANCA A PRÓXIMA SEMANA O PLAN DE DESBROCES NAS VÍAS MUNICIPAIS
O CONCELLO DE PALAS DE REI ARRANCA A PRÓXIMA SEMANA O PLAN DE DESBROCES NAS VÍAS MUNICIPAIS
O Concello de Palas de Rei iniciará a próxima semana o Plan Anual de Desbroces, que abranguerá máis de 450 km de vías asfaltadas distribuídas polas 43 parroquias do municipio.
Os traballos desenvolveranse ao longo dos vindeiros catro meses e contarán este ano con catro tractores operativos, encargados das tarefas de limpeza e prevención. Ademais, o Concello disporá de seis operarios destinados ao desbroce e á limpeza das faixas de protección dos núcleos de poboación.
O alcalde, Pablo Taboada, subliña a importancia de que “tamén os propietarios particulares manteñan limpas as súas parcelas e libres de arboredo as zonas próximas ás vías de comunicación”, contribuíndo así á seguridade e ao bo estado do territorio.
Este conxunto de actuacións supón unha inversión superior aos 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Emprego, á que se engaden preto de 36.000 euros achegados polo Concello de Palas de Rei.

















