- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
LUAR NA LUBRE NO SON D’ ALDEA QUE SE CELEBRA OS DÍAS 3 E 4 DE SETEMBRO EN SANTIAGO DE ALBÁ E DONDE A RECREACIÓN DA HISTÓRICA DO RURAL GALEGO PROTAGONIZA AS ACTIVIDADES
LUAR NA LUBRE NO SON D’ ALDEA QUE SE CELEBRA OS DÍAS 3 E 4 DE SETEMBRO EN SANTIAGO DE ALBÁ E DONDE A RECREACIÓN DA HISTÓRICA DO RURAL GALEGO PROTAGONIZA AS ACTIVIDADES
A décima edición do Son d´Aldea, foi presentada no Parladoiro de Santiago de Albá, por parte dos representantes do Comité organizador José Luis Carreira, Afonso Garcia Penas e dos representantes das administración colaboradoras, estó é, do Concello de Palas de Rei, Pablo Taboada e da Deputación de Lugo, Pilar García Porto.
Nesta edición do Son d´Aldea, adaptada coas medidas fronte a Covid-19 que esixen os respectivos protocolos para este tipo de festivais teatralizados e de recreación histórica, terá lugar os días 3 e 4 de setembro dentro da programación da “Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei”.
O venres, 3 de setembro o grupo Comando Curuxás representa a obra Curuxás ás 21:00h no Parladoiro de Arqueixal en Santiago de Albá. Tamén se presentarán os libros das edicións anteriores (2016, 2019) do Son d´Aldea donde se recopilan todos os testemuños e diálogos do roteiro, para elo contaráse coa colaboración de Manuel Vieites que foi director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
O sábado, 4 de setembro terá lugar a Mostra de Artesanía Alimentaria e o roteiro que consta de 16 escenas divididas en: 8 transicións e 8 escenas teatrais protagonizadas por 47 actores e actrices, fundamentalmente de Albá, Santo Xusto, coa colaboración da Asociacións de veciños de O Parcamique e Entreportas. Este roteiro, estará centrado nos “saberes da aldea”, esto é, os saberes que a xente posuía referentes ós diferentes oficios (frageiro, canteiro, latoeiro…), na recuperación de vocabulario,… tentará, ademáis, transmitir todos esos saberes sobre os oficios ás xeracións máis novas para evitar a súa pérdida, estará dirixido polas compañías teatrais palenses Metátese Teatro e Alentía Teatro e saírase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30horas. Ese día, faranse ademais, os xogos populares coas oportunas medidas anti covid-19, tamén participará o contacontos Celso Sanmartín. Así como, unha das novidades desta edición e a actuación do grupo galego Luar na Lubre “que inspirou a creación do último disco precisamente na aldea de Albá” tal como manifesta J. Luis Carreira dende o comité organizador.