- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI ACADA A DISTINCIÓN DE CONCELLO EMPRENDEDOR POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA E DA FEGAMP
O Concello de Palas de Rei ven de acadar a distinción de “Concello Emprendedor” que outorga a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Dito recoñecemento, tradúcese nun compromiso co achegamento ás empresas e cos/as emprendedores/as en Palas de Rei:
-Máis simplificación administrativa: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
-Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.
-Máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no municipio.
A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.