- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
A AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE PALAS DE REI RECIBE UN REMOLQUE EQUIPADO CON MATERIAL DE EMERXENCIAS DA XUNTA
A AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE PALAS DE REI RECIBE UN REMOLQUE EQUIPADO CON MATERIAL DE EMERXENCIAS DA XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entregaron hoxe diverso material ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 10 concellos da provincia de Lugo, entre eles ao de Palas de Rei. O Goberno galego, continúa a consolidar a súa folla de ruta, para dar unha mellor resposta ante as emerxencias coa adquisición de equipamento operativo para os servizos municipais.
Â
A Palas de Rei, foille entregado un remolque equipado con material de emerxencias. Este tipo de remolques, conta para as súas funcións, cun equipamento mÃnimo, consistente nunha electrobomba sumerxible, unha motobomba para augas residuais, xeradores de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación , kit de balizamento e sinalización. O concelleiro, responsable da área en Palas de Rei, Amando Sande, foi o encargado de recoller dito material.
Â
No acto de entrega do material, o vicepresidente da Xunta destacou a labor dos membros de Protección Civil, que contribúen a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns. Por iso, destacou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos en materia de protección civil e emerxencias para dotalos dun equipamento adecuado que permita acadar unha maior seguridade para os membros dos servizos municipais e, por ende, dos seus veciños. Nesta liña, Alfonso Rueda lembrou o compromiso da Xunta para conseguir que a atención ás emerxencias sexa eficaz e estea garantida en todo o territorio galego, con independencia da situación xeográfica do concello.
Â
Esta entrega, da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co obxectivo de mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias, sobre todo nas provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais.
Â