- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O PROGRAMA DE SENDEIRISMO “GOZA DO ULLA” OFRECE ATA 20 RUTAS POLA BEIRA DO ULLA DENDE MAIO ATA NOVEMBRO, A DE PALAS SERÁ O VINDEIRO DÍA 18.
O PROGRAMA DE SENDEIRISMO “GOZA DO ULLA” OFRECE ATA 20 RUTAS POLA BEIRA DO ULLA DENDE MAIO ATA NOVEMBRO, A DE PALAS SERÁ O VINDEIRO DÍA 18.
O programa ‘Goza do Ulla 2019’ ofrece un total de vinte rutas de sendeirismo para disfrutar con toda intensidade do río Ulla dende o mes de maio ata novembro. Cada ruta está programa nun Concello bañado polo río que discorre por tres provincias. As caminadas póñense en marcha o 5 de maio en Monterroso e rematarán o 5 de novembro en Rianxo.
O programa Goza do Ulla naceu no ano 2011 coa participación de cinco concellos ribeireños. Oito anos despois, toman parte 20 municipios das tres provincias: Lugo Pontevedra e A Coruña. Son os concellos da Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía.
A programación para o 2019 será a seguinte: Monterroso (O encanto do Ulla e a Feira do Qeixo, o 5 de maio); Palas de Rei (Ruta das Torrentes, 18 de maio); Vilagarcía de Arousa (Circular polo Xiabre dende o mirador sobre o Ulla ata o embalse, 25 de maio); Dodro (Brañas de Laíño, 8 de xuño); Boqueixón (Roteiro de Pescadores e Río Grande, 29 de xuño); Vedra (Ruta de San Xoán da Cova, 4 de agosto); Agolada (O sobreiral do Arnego, 10 de agosto); Pontecesures (Ollando o Ullán, 1 de setembro); Valga (O val do Ulla,7 de setembro); Teo (Do Sesteiro ao Ulla polo camiño dos arrieiros, 8 de setembro); Antas de Ulla (Ulloando polo nacemento, 15 de setembro); A Estrada (Os sons do Ulla, 21de setembro); Arzúa (Ruta da Fervenza das Hortas, 28 de setembro); Padrón (Polas beiras do Ulla, 5 de outubro); Catoira (Ruta de Oeste, 6 de outubro); Silleda (Roteiro Praia de Cira ata Couto do Castro (A Estrada), 12 de outubro); Santiso (Sendeiro de Beigondo, 19 de outubro); Touro (De igrexa de Novefontes a Souto do Barco, 26 de outubro); Vila de Cruces (Ollares-Ponte Basebe, 27 de outubro); e Rianxo (As tres cruces, 2 de novembro).