- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS ACORDA ADHERIRSE A UN PROTOCOLO PARA PROTEXER A VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O CONCELLO DE PALAS ACORDA ADHERIRSE A UN PROTOCOLO PARA PROTEXER A VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado venres 21 de decembro, tivo lugar a celebración da Xunta Local de Seguridade, na que o Concello de Palas de Rei se adheriu a o protocolo para protexer as víctimas de violencia doméstica e de xénero. A Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidía xunto co alcalde, Pablo Taboada, esta Xunta local de seguridade na que tamén estivo a Xefa da Unidade de Violencia contra a Muller, a Polícia Local, Representantes da D.X.de Emerxencias, representantes da Garda Civil e do Subsector de Tráfico, responsables de seguridade do Concello e a Secretaria do Concello.
Nesta Xunta, tamén se analizaron datos relativos a seguridade no municipio, como a evolución da delincuencia, que aumentou dende xaneiro, denunciaronse 42 infraccións penales, tres máis que o pasado ano. Nembargantes, os delitos de carácter grave disminuiron, pasando de 28 en 2017 aos 25 este ano.