- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E CONVIVENCIA "XUNTOS POLO NADAL 2018" PARA PASAR O NADAL NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE CARBALLIÑO (OURENSE)
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E CONVIVENCIA "XUNTOS POLO NADAL 2018" PARA PASAR O NADAL NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE CARBALLIÑO (OURENSE)
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza “Xuntos polo Nadal 2018” programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Este programa levarase acabo entre o 23 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019 na Residencia de Tempo Libre de Carballiño(Ourense).
Para beneficiarse haberá que reunir os seguintes requisitos:
a.Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b.Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir so no seu domicilio, ter que pasar só/a as datas do Nadal.
c.Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
O custo da praza para as persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas con uns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.
O prazo de presentación será ata o 15 de novembro incluído.
Para información e tramitación, acudir a oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Palas de Rei de lúns a venres de 9,00 a 14,00 horas.