- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
A PAC DEIXA 2.147.398,27 EUROS EN PALAS DE REI, DURANTE O ANO PASADO, O QUE O SITÚA COMO O MUNICIPIO PERCEPTOR DE MÁIS CANTIDADE ECONÓMICA DA ULLOA
A PAC DEIXA 2.147.398,27 EUROS EN PALAS DE REI, DURANTE O ANO PASADO, O QUE O SITÚA COMO O MUNICIPIO PERCEPTOR DE MÁIS CANTIDADE ECONÓMICA DA ULLOA
Palas de Rei recibiu un total de 2.147.398, 27 euros de axudas da PAC, que a Consellería de Medio Rural, pagou ao total dos agricultores e gandeiros/as que solicitaron axuda económica o ano pasado. Na Ulloa, o municipio que máis cuantía económica de fondos da PAC percibe, o pasado ano, é Palas de Rei; seguido de Monterroso con 1.422.634,85 euros; e logo, Antas de Ulla con 747.830,26 euros, segundo os datos facilitados pola Xunta de Galicia.
Polo que respecta á distribución por comarcas, na Ulloa abonáronse 4,3 millóns (o que respresenta 4,7% do total do cómputo provincial)
Ao respecto, cabe subliñar que a campaña 2017 da PAC continúa aberta, dado que estas tempadas comezan o seu prazo ordinario de pagos o 1 de decembro de cada ano e rematan o 30 de xuño do ano seguinte, aínda que xeralmente a Xunta xestiona o pago de anticipos anteriores á data de inicio.
Paralelamente, a consellería publicou xa a convocatoria de axudas da PAC para o 2018. O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 30 de abril. Entre as novidades que presenta, terá especial incidencia para a provincia o incremento do pago complementario para agricultores mozos, que pasa do 25% ao 50% do importe do pago básico, vantaxe da que poden disfrutar durante cinco anos. Tamén se flexibiliza o período no que poderán solicitar a axuda respecto da data da incorporación, co fin de facilitarlle a súa integración á actividade agraria. Na provincia de Lugo solicitaron este complemento no 2017 un total de 1.211 gandeiros menores de 40 anos.
Outra novidade salientable atinxe ás axudas a zonas con limitacións naturais (ZLN) distintas das zonas de montaña, ao incrementarse o número de concellos de modo que na provincia pasan a ser todos excepto Rábade