- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O GRUPO EMPRESARIAL JIM SPORTS, ALENTIA E CHÉVERE TEATRO COLABORAN NAS ACTIVIDADES QUE DENSENVOLVE O CIM CON MOTIVO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O GRUPO EMPRESARIAL JIM SPORTS, ALENTIA E CHÉVERE TEATRO COLABORAN NAS ACTIVIDADES QUE DENSENVOLVE O CIM CON MOTIVO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Salón de Actos da Casa Consistorial de Palas de Rei acolleu, o acto de presentación das actividades que se desenvolven, a través do Centro de Información a Muller (CIM) do Concello de Palas de Rei, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero. Dito acto de presentación, estivo moderado polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e contou coa presencia da Concejala de Igualdade, Alba Villasante, a directora do CIM, Divina Agra, o xurista, psicólogo e asistentes sociais do Centro de Información a Muller así como, tamén estiveron representantes de Alentía Teatro e do Grupo JIM SPORTS entidades colaboradoras nas actividades.
A programación componse de:
-25 de novembro: ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Dende Palas de Rei ata o Castelo de Pambre, con saída as 11:00h. da Praza do Concello de Palas de Rei e percorrerán os 8 quilómetros que separan ata o Castelo de Pambre. A marcha solidaria pasa polos lugares de: Carballal, Curbian, A Ulloa, Sambreixo ata chegar ao Castelo de Pambre. A organización dispón de transporte, para trasladar aos participantes dende o Castelo de Pambre ata o punto de inicio da andaina, isto é, diante do Concello de Palas de Rei.
Con esta acción reivindicativa, baixo o lema” non máis violencia contra as mulleres”, a organización pretende denunciar a violencia de xénero, nas súas diferentes manifestacións e amosar a repulsa e rexeitamento contra esta lacra social que representa calquer tipo de violencia contra a muller na sociedade actual. Nesta actividade, colabora o Grupo empresarial, asentado en Palas de Rei, JIM SPORTS, que impulsa a iniciativa coa doación de material diverso para a andaina. Tamén, o CIM, diseñou unhas camisetas cun modelo específico, baixo o lema “non máis violencia contra as mulleres” nun fondo de cor lila que simboliza a loita contra a violencia de xénero.
-27 de novembro obra teatral: “Carreiros de Lectura”. Ás 12:45h no Colexío Público de Palas de Rei. A cargo do Grupo ALENTÍA teatro.
- 18 de decembro: espectáculo lúdico-musical: “ I‘ll be watching you ll”( estar vixiándote por teatro Chévere) Na casa de cultura de Palas de Rei ás 13:00h.