- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
PALAS DE REI O ÚNICO CONCELLO DE LUGO INTEGRADO NO PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIALES DA COMUNIDADE AUTONOMA GALEGA
PALAS DE REI O ÚNICO CONCELLO DE LUGO INTEGRADO NO PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIALES DA COMUNIDADE AUTONOMA GALEGA
A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo modifica, o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariales da Comunidade Autónoma de Galicia, ao fin de crear favorecer e mellorar a viabilidade e desenvolvemento das áreas empresariais de: Cerceda, Cambre, Seixalbo(Ourense), Cangas, Bueu, Moaña e Palas de Rei (Lugo). A modificación que se atopa en fase de exposición pública e que na provincia de Lugo solo afecta ao Concello de Palas de Rei, significa o incremento en perto de 50.000 metros cadrados no que será a 3º fase do parque empresarial de Palas de Rei. A ampliación, que se desarrollará nos terrenos próximos ós actuáis significarán a dotación e concretar unha vella demanda do Concello de Palas de Rei.
Durante os últimos anos, o parque de Palas de Rei experimentou unha notable progresión que significou a instalación de importantes empresas que ocuparon a totalidade do chan industrial da primeira e segunda fase, na actualidade, están en marcha a construcción de 6 novas naves industriais e xa foron varios os empresarios que se dirixiron ao Concello de Palas de Rei e o IGVS para interesarse por esta ampliación do parque de Palas de Rei, con máis de 150 postos de traballo xerados nos últimos anos e despois da implantación de importantes empresas como JIM SPORTS, García Baquero, Talleres Santaballa, Mourenza e Pardo, etc, que supuxeron un importante revulsivo económico para o Concello de Palas de Rei e para a Comarca da Ulloa. Aparte dos postos de traballo xerados o Parque empresarial palense significou unha inversión en Palas de rei de máis de 12 millóns de euros.
O alcalde Pablo Taboada, amosou a súa satisfación, toda vez que con está actuación do Instituto Galego de Vivenda e Solo se cubre unha importante necesidade do Concello Ulloano. A súa vez, o rexedor palense resalta as importantes bentaxas fiscais, na modificación do ICO (Imposto de construcción e Obras) no IAE e outras taxas municipais entre as máis baratas da provincia, que axudarán a favorecer a implantación de novas empresas no municipio. Asimismo, unha vez desarrollada esta terceira fase do parque empresarial o alcalde xa pensa no desarrollo doutra nova área industrial no entorno da autovía A-54 no que podería ser un destacado Centro Loxístico do interior de Galicia.