- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A XUNTA E O CONCELLO DE PALAS DE REI COLABORAN NA REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE
A XUNTA E O CONCELLO DE PALAS DE REI COLABORAN NA REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE
Â
O Servizo Galego de Saúde e o Concello de Palas de Rei colaborarán nas obras de reforma do centro de saúde deste municipio, que terán un orzamento total de 67.797 euros cofinanciado por ambas as dúas administracións.
Â
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde, Pablo José Taboada Camoira, asinaron un convenio con este obxectivo, xa que os servizos técnicos do Sergas detectaron que este centro sanitario require de diversas actuacións de mantemento para ofrecer o mellor servizo posible aos seus usuarios.
Â
Segundo o acordo asinado, o Concello de Palas de Rei, como titular do centro de saúde, asumirá a supervisión do proxecto técnico de obras e a contratación, dirección e execución da reforma; mentres que ao Servizo Galego de Saúde lle corresponde a coordinación, xunto ao Concello, daquelas actuacións que resulten necesarias para garantir o mantemento e a continuidade asistencial durante o prazo de execución das obras.
Â