- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CAMPO DE FÚTBOL DOS CHACOTES SERÁ RENOVADO CUN INVESTIMENTO DE 300.000 EUROS
O CAMPO DE FÚTBOL DOS CHACOTES SERÁ RENOVADO CUN INVESTIMENTO DE 300.000 EUROS
O Concello de Palas invertirá preto de 300.000 euros na renovación e mellora do campo de fútbol de os chacotes. As obras, financiadas con cargo a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Palas de Rei, terán dúas partes; por un lado, a renovación completa do cespede, que na actualidade está con herba natural, por un moderno cespede de herba sintética e por outro lado, as obras tamén abranguen, a renovación do sistema de riego en todo o campo.
Dentro das obras a desenvolver no campo de fútbol, tamén se contemplan a mellora dos vestuarios e os accesos ao propio campo, ubicado na zona dos Chacotes de Palas de Rei, nun entorno neurálxico, as entradas ao casco urbán e nunha área dunhas 20 hectarias de terreo propiedade do Concello de Palas de Rei, nas que tamén están: as instalacións da Piscina Municipal, do Pavellón Municipal de Deportes, o Campamento Xuvenil, un parque infantil, así como nesa contorna tamén conta cun albergue de peregrinos. A inversión que rondará os 300.000 euros e a máis importante que acometerá o Concello de Palas neste ano 2017.
O alcalde Pablo Taboada, considera que dotar a Palas de Rei dun novo campo de herba sintética e básico para mellorar as condicións de xogo dos seis equipos que actualmente conta Palas de Rei nas diferentes categorías de fútbol, esto é, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior, así como, da actividade que se desenvolve nas Escolas Deportivas Municipais, tanto de fútbol base, como fútbol sala, que utilizan este campo do Chacotes como lugar de entrenamento. A implicación do Concello é máxima empezando pola categoría senior, donde o Concello colabora económicamente cunha axuda anual de 5.500 euros e unha axuda para os desplazamentos que cubre todas as viaxes fora de Palas de Rei do equipo.
Asimismo, o Concello tamén cedeu ao Palas C.D. o aprobeitamento das vallas publicitarias do campo de fútbol. As obras que comenzarán a primeiros de agosto dotarán a Palas de Rei dun campo de fútbol punteiro na zona.