- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A SECRETARIA XERAL DE IGUALDE E O ALCALDE DE PALAS INAUGURAN O OBRADOIRO XOGANDO NO VERÁN
A SECRETARIA XERAL DE IGUALDE E O ALCALDE DE PALAS INAUGURAN O OBRADOIRO XOGANDO NO VERÁN
A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e o Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, inauguraron o Obradoiro Xogando no Verán, nas instalacións da Casa de Cultura de Palas de Rei, posto en marcha polo Concello de Palas de Rei coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade.
Este Obradoiro, Xogando no Verán, é unha actividade que busca a conciliación da vida familiar e laborar dos país durante a época estival, na que os nenos non teñen escola. Desenvólvese de luns a venres, de nove da mañá ata as dúas da tarde e vai dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos, nos meses de xullo e agosto. Abrangue, un conxunto diverso de actividades, que van dende: manualidades, xogos populares, actividades sensoriales, deportes, piscina,… . Desenvolvense nas instalacións da Casa de Cultura, do Pavellón Polideportivo municipal e da Piscina. Estas actividades están adaptadas e planificadas a idade dos nenos/as, así como, sempre asistidas por monitores especializados na área e persoal cualificado que os atende permanentemente durante o transcurso das mesmas.
Actualmente, participan 66 nenos/as no Obradoiro Xogando no verán, dos cales, 38 son nenos e 28 nenas. Os interesados en participan, aínda se pode inscribir nas dependencias do Concello de Palas de Rei. Esta actividade, púxose en marcha por primeira vez en Palas de Rei, no ano 2008, dende entón, vense desenvolvendo cada verán e consolidándose no tempo, dado o número participacipantes que ven rexistrando ano tras ano.