- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS APUNTALA OS SERVICIOS SOCIAIS MUNICIPAIS CO PLAN ÚNICO
O CONCELLO DE PALAS APUNTALA OS SERVICIOS SOCIAIS MUNICIPAIS CO PLAN ÚNICO
O Concello destinará 50.000 euros a axuda a domicilio básico para atender o servicio. O Concello de Palas apuntala o Servizo de Axuda no Fogar grazas o Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial lucense.
Axuda a domicilio, que supón un dos programas máis importantes implementado por servicios sociais palense, actualmente, presta cobertura ao redor dun centear de persoas en situación de dependencia nos domicilios do municipio palense. Integran este servicio de axuda no fogar, máis dunha veintena de auxiliares, que a diario percorren os domicilios que teñen establecidos, coa finalidade de mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas que presentan determinanas limitacións obxeto de atención por parte destas profesionais. Este servicio de Axuda a domicilio, desenvólvese no municipio de Palas de Rei de luns a domingo, en horario de maña e tarde e conta, ademáis, co respaldo dun equipo multidisciplinar, de profesionais técnicos de servicios sociais, que ofrecen atención en caso de que as circunstacias especificas así o requiran.
Asimismo, Servicios Sociais Municipais de Palas de Rei, abrangue a súa atención a traverso do Centro Día, Guardería, Centro de Información á Muller e desenvolve campañas sociais períodicas en colaboración con outros organismos e organizacións no gubernamentais ao longo do ano como por exemplo o “reparto de alimentos e roupa entre os colectivos máis desfavorecidos”