- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O 17 DE XUÑO, MEDIA MARATON “OS 21 DO CAMIÑO” PALAS-MELIDE
O 17 DE XUÑO, MEDIA MARATON “OS 21 DO CAMIÑO” PALAS-MELIDE
A Asociación Cerne, en colaboración cos Concellos de Melide e Palas de Rei, organizan a quinta edición da Media Maratón “Os 21 do Camiño Palas- Melide”, que se celebrará o vindeiro día 17 de xuño. Unha proba de atletismo, que foi seleccionada en dúas veces como a mellor media maratón de España, por os usuarios do portal web Rumedia. A proba, que consta de 21 kilometros de percorrido, mantén similar itinerario ao dos anos precendentes (salvo algunhas modificacións puntuais) saíra de Palas de Rei e a línea de meta está en Melide. Dende a Asociación Cerne agradecen, o patrocinio que veñen facendo o texido empresarial e hosteleiro de ámbolos dous municipios, así como, os voluntarios que colaboran en diferentes tarefas no desenrolo da proba. Tal como sinalan dende a organización, a día de hoxe, a cifra de inscriptos ronda os cincocentos e agárdase chegar aos setecentos participantes. Ata o mércores 7 de xuño, está vixente o prezo reducido, logo desa data, o custe da inscripción increméntase. As inscripcións deben formalizarse na web championchipnorte.com.
O acto de presentación desta proba tivo lugar está mañá, no Salón de Actos do Concello de Palas, donde estiverón presentes: a alcaldesa de Melide, Dalia García, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e os organizadores da Asociación Cerne; Ángel García Rei e Toni García, donde tamén presentaron as novas camisetas que lucirán os participantes, así como, a nova cartelería lanzada con motivo desta quinta edición da proba.