- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS ACONDICIONA A RUTA DE SENDEIRISMO DAS TORRENTES DE MÁCARA DE CARA A SÚA POTENCIACIÓN TURISTÍCAMENTE
O CONCELLO DE PALAS ACONDICIONA A RUTA DE SENDEIRISMO DAS TORRENTES DE MÁCARA DE CARA A SÚA POTENCIACIÓN TURISTÍCAMENTE
O Concello de Palas de Rei acondicionará a ruta de sendeirismo das Torrentes de Mácara. O Concello palense, destinou recursos e persoal para limpar e mellorar a seguridade en varios puntos desta ruta, que xa estará lista o domingo 28 de maio, para a que será unha nova edición, a séptima, da ruta de sendeirismo enmarcada no Programa Goza do Ulla, no que participan 20 Concellos das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra e que nesta edición conta con máis de 50 inscriptos que percorrerán os 7 kilometros de itinerario as veiras do río Ulla en Palas de Rei.
O Concello de Palas de Rei potenciará a ruta das Torrentes de Mácara, ao considerar a zona un importante foco de interés e atracción turística do municipio pola súa calidade paisaxística e mediambiental e un enclabe natural único. De feito, durante o vindeiro mes de xullo o alcalde Palense, Pablo Taboada ten previsto presentar esta ruta a diversos operadores Turísticos do sector para dala a coñecer e así incorporala como novo atractivo turístico do Concello de Palas de Rei.