- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CASTELO DE PAMBRE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ROTEIROS DE SENDEIRISMO "GOZA DO ULLA"
O CASTELO DE PAMBRE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ROTEIROS DE SENDEIRISMO "GOZA DO ULLA"
En Palas de Rei, as dependencias do Castelo de Pambre, foron o lugar de Presentación neste 2017 do Programa de roteiros de sendeirismo:"Goza do Ulla", na mañá do venres 5 de maio.
Representantes tanto polÃticos como técnicos dos Concellos polos que atravesa o rio Ulla participes desta iniciativa conxunta deronse cita neste acto no que estivo presidido polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e contou coa presencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, asà como, da xefa territorial de medio ámbiente en Lugo,Margarita López Blanco.
Este programa suma o interese dos 20 concellos bañados polo rÃo Ulla, dende o seu nacemento en Antas de Ulla ata a desembocadora en VilagarcÃa de Arousa, pasando por 3 provincias (Lugo, Pontevedra e A Coruña).
O obxectivo do Programa é a creación dunha ruta de sendeirismo que transitará polos 20 concellos percorrendo Galicia dende o interior ata a costa, coñecendo as particularidades de cada zona e poñendo a valor o seu patrimonio: arquitectura civil, relixiosa, espazos naturais, áreas recreativas, fervenzas, praias...