- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
AXUDAS PARA EMPRESAS ILLADAS EN ZONAS RURAIS PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA
AXUDAS PARA EMPRESAS ILLADAS EN ZONAS RURAIS PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Beneficiarios: Empresas privadas, persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas con domicilio fiscal ou ao menos un centro de traballo en Galicia, que non estean situadas en polígono industrial e non teñan contratada banda larga (30 mgabits por segundo ou mais). Prazo de Solicitude: 20 de marzo Axuda máxima: 20.000,00€ Todos aqueles interesados en recibir información do mencionado plan, poden chamar ao número de teléfono 982380001 ou acudir ás ofcinas do Concello de Palas de Rei