- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
AGORA OS VECIÑOS/AS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI QUE DESEXEN EFECTUAR ALGÚN CAMBIO NOS DOCUMENTOS PERSOAIS RELACIONADOS CO PERMISO DE CONDUCCIÓN OU CIRCULACIÓN DO SEU VEHÍCULO PODEN FACELO NAS DEPENDENCIA DO CONCELLO
AGORA OS VECIÑOS/AS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI QUE DESEXEN EFECTUAR ALGÚN CAMBIO NOS DOCUMENTOS PERSOAIS RELACIONADOS CO PERMISO DE CONDUCCIÓN OU CIRCULACIÓN DO SEU VEHÍCULO PODEN FACELO NAS DEPENDENCIA DO CONCELLO
A Dirección Xeral de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias, firmaron un convenio de colaboración, que permitirá ao ciudadán tramitar nos municipios o cambio de domicilio do seu permiso de circulación dos vehículos que posea.
Ata o de agora, aqueles cidadáns que cambiaban de domicilio, dentro do mesmo municipio ou en outro novo, debían desprazarse a Xefatura Provincial de Tráfico a efectuar o cambio nos seus documentos personais relacionados co tráfico (permiso de conducción e permiso de circulación do seu vehículo).
Con este convenio, que afecta o Concello de Palas de Rei, mediante a adhesión ao mesmo, por parte da responsable da Xefatura Provincial de Tráfico en Lugo e o alcalde de Palas de Rei reunidos na Casa Consistorial Palense, elo permitirá aos cidadáns do municipio de Palas de Rei realizar estes trámites na oficina do Concello, evitando así desplazamentos innecesarios.
A Adhesión a este convenio, permitille ao concello de Palas de Rei unha maior actualización dos Rexistros de Conductores e Vehículos, co que mellorarán os servicios de xestión tributaria dos municipios e das notificacións como consecuencia do procedemento sancionador que terán un maior grado de certeza.
O Convenio recolle ademáis diversas medidas que potencian a comunicación da información entre a Dirección Xeral de Tráfico e o Concello que o suscribre.