- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O ALCALDE DE PALAS MANTERÁ UNHA XUNTANZA CO CONSELLEIRO DE CULTURA PARA ESTUDAR A POSIBILIDADE DE REHABILITAR O MOSTEIRO DE VILAR DE DONAS ENTRE OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO CULTURAL E ARQUITECTÓNICO DO MUNICIPIO
O ALCALDE DE PALAS MANTERÁ UNHA XUNTANZA CO CONSELLEIRO DE CULTURA PARA ESTUDAR A POSIBILIDADE DE REHABILITAR O MOSTEIRO DE VILAR DE DONAS ENTRE OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO CULTURAL E ARQUITECTÓNICO DO MUNICIPIO
Palas de Rei priorizará nos próximos plans de empleo tanto da Xunta de Galicia como da Deputación Provincial de Lugo a contratación de dous canteiros para a recuperación do patrimonio arquitectónico do Concello.
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, pretende, con esta medida, recuperar o cruceiro da parroquia do Mato e o cruceiro da parroquia de Quindimil, que ámbos, foron víctimas de accidentes ou actos de vandalismo que serán recuperados coa contratación destes dous profesionais por parte do Concello. Asimismo, o alcalde Pablo Taboada, prevé manter una xuntanza co conselleiro de cultura nas próximas semanas ó fin de estudar a posibilidade da rehabilitación do antiguo Mosteiro de Vilar de Donas. O edificio, que se encontra en moi mal estado, presenta un deterioro notable na cuberta e nos muros de ferramento. A rehabilitación do mosteiro é una antiga demanda dos vecinos e varias asociación de Palas de Rei, que aínda que está en propiedade do Obispado, nunha recente reunión mantida co alcalde de Palas de Rei para proceder a súa rehabilitación.
O alcalde, Pablo Taboada agarda dispor xa de fondos nesta anualidade 2017, para comenzar a dar pasos firmes na súa recuperación. Así como, considera que tras as importantes actuacións feitas no Castelo de Pambre, no Pazo da Ulloa e xa comprometidas no Pazo de Laia e outras actuacións acometidas nas casas reitorais a rehabilitación do Mosteiro de Vilar de Donas é una das prioridades máis importantes para o actual equipo de gobernó palense. Esta construcción, está anexa a emblemática igrexa románica de Vilar de Donas, que no ano 2016 recibiu máis de 7.000 turistas, e dispón dunha parcela de máis de 3.000 metros cadrados e una construcción de máis de 500 metros cuadrados útiles.
O alcalde, Pablo Taboada a falta de definir o futuro uso da instalación vería factible ubicar un museo ou similar ao fin de complementar, si cabe, a oferta turística do Concello Ulloano.