- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
UNHA NOVA SUPERFICIE COMERCIAL ABRE AS SÚAS PORTAS EN PALAS DE REI BAIXO A MARCA “MERCARURAL”
UNHA NOVA SUPERFICIE COMERCIAL ABRE AS SÚAS PORTAS EN PALAS DE REI BAIXO A MARCA “MERCARURAL”
Os socios da Cooperativa Agris abren unha nova superficie comercial en Palas de Rei, baixo a marca Mercarural. Trátase dunha tenda de 600 metros cadrados de sala de venta con sección: agraria, ferretería, textil, consumo, complementada con seción de frescos (carnicería, pescadería, frutería…), máis 180 de almacen. A todo elo, hai que engadirlle os 2.000 metros cadrados de superficie dedicada a abonos, piensos, hixiene de ordeño e sementes que a cooperativa ven dispoñendo.
Mercarural, é unha superficie comercial creada para satisfacer as necesidades do cliente baixo o obxectivo de encontrar nunha misma superficie productos e alimentos que satisfagan as principais necesidades, tanto do fogar como das explotacións dos gandeiros e demais profesionais do agro. Coa súa ubicación en Palas de Rei, tenta dar cobertura a Comarca da Ulloa. A súa inauguración oficial farase o día 20 de decembro as 12:00h, e contará coa presenza do Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, así como, representantes de Agris e demáis personalidades vínculadas ao mundo rural. A nova tenda, funcionará en horario de luns a venres de: 9:45 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h e os sábados de: 10:15 a 14:00h. Está instalada, ao carón das naves da Cooperativa a entrada no Casco urbán de Palas de Rei, preto da N-547. Con Mercarural en Palas de Rei xéranse dous novos postos de traballo directos e varios indirectos.
A Cooperativa Agris, que leva casi tres décadas instalada en Palas de Rei, conta ademais con delegacións en Mosteiro Pol, Páramo, Lugo e Friol.